Unicornibot

banda de math rock galega

Unicornibot foi unha banda galega de math rock instrumental procedente de Pontevedra e formada no ano 2008. O grupo separaríase en decembro do ano 2014 tras editar tres álbums de estudio, Hare Krishna (2010), Dalle! (2012) e Mambotron (2013).

Unicornibot
Derradeiro concerto de Unicornibot no Liceo Mutante
OrixePontevedra, Galiza Galicia
Período2008 - 2014
Xénero(s)math rock
Selo(s) discográfico(s)Matapadre
MembrosGayoso (guitarra)
Toño (baixo)
Gon (guitarra)
Guille (batería)
Artistas relacionadosdiola
Na rede
Facebook: Unicornibot MySpace: unicornibot Bandcamp: dotheunicornibot Editar o valor em Wikidata
Unicorniboot en 2009.

Traxectoria editar

No mes de febreiro de 2010 a banda gravou o seu álbum de estrea, Hare Krishna, no estudio Brazil en Rivas-Vaciamadrid con Javier Ortiz. O disco foi masterizado no estudio Chicago Mastering Service por Bob Weston, o baixista de Shellac.[1] A banda autoeditaría Hare Krishna o 1 de xullo dese ano.

O seu segundo traballo, Dalle!, foi gravado ao vivo novamente por Javier Ortiz no estudio Brazil e sería lanzado a través do selo galego Matapadre o 15 de marzo do ano 2012. O álbum foi masterizado no estudio Golden Mastering, en Ventura, California.[2] Tras a publicación de Dalle!, Unicornibot tocou no festival catalán Primavera Sound e realizou pequenas xiras que levarían á banda, ademais de a varias cidades españolas, a Francia e a Portugal.

Mambotron sería o seu terceiro disco, gravado en maio de 2013 novamente no estudio Brazil. Tamén masterizado en Golden Mastering, sería publicado o 11 de setembro dese mesmo ano por Matapadre.[3]

O 4 de decembro do ano 2014 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que se tomaría "un descanso sen data de retorno".[4] Unicornibot realizou o seu derradeiro concerto no Liceo Mutante de Pontevedra o día 26 de decembro dese ano.

Pouco despois da disolución de Unicornibot, Toño, Gon e Gayoso volverían a xuntarse para formar unha nova banda, diola,[5] publicando o EP eh! de catro temas en setembro de 2015.[6]

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Hare Krishna 2010 autoeditado
Dalle! 2012 Matapadre
Mambotron 2013 Matapadre

Notas editar

  1. Información de Hare Krishna no Bandcamp da banda
  2. Información de Dalle! no Bandcamp da banda
  3. Información de Mambotron no Bandcamp da banda
  4. Facebook de Unicornibot (ed.). "Nota de despedida da banda". Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  5. Metamovida (ed.). "diola en Metamovida.org". Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  6. Bandcamp (ed.). "eh! no Bandcamp de diola". Consultado o 27 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar