Unión Social Demócrata de Macedonia

(Redirección desde «Unión Socialdemócrata de Macedonia»)

A Unión Social Demócrata de Macedonia (en macedonio: Социјалдемократски сојуз на Македонија, Socijaldemokratski sojuz na Makedonija, SDSM) é un partido político de Macedonia do Norte.

Unión Social Demócrata de Macedonia
Logo
AcrónimoSDSM, SDSM, SDSM, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM e SDSM
Tipopartido político
IdeoloxíaSocialdemocracia e europeísmo
Data de fundación1991
Fundador(es)Branko Crvenkovski
Presidente/aDimitar Kovačevski (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aMile Zechevikj
SedeSkopje
PaísMacedonia do Norte
Na rede
http://www.sdsm.org.mk
Facebook: SDSMakedonija Twitter: SDSMakedonija Instagram: sdsmakedonija Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

É o sucesor da Liga de Comunistas de Macedonia, o partido gobernante durante o réxime comunista que dirixiu a República Socialista de Macedonia como república constituínte da República Federal Socialista de Iugoslavia dende 1945 a 1990. A líder actual do partido é Radmila Šekerinska. Foi elixida o 5 de novembro de 2006 como líder do partido.[1] Dende setembro de 1992 a 1998 e dende 2002 a 2006, a SDSM foi o partido con máis representación no Parlamento de Macedonia e o principal partido do goberno, e ten amosado unha actitude moderada e reconciliadora cara ás minorías étnicas en Macedonia. En canto á súa ideoloxía, pódese dicir que malia seren o sucesor dun partido comunista e chamarse "socialdemócrata", o influente grupo de presión empresarial na SDSM está a mover ao partido nunha dirección neoliberal. Consecuentemente, a SDSM ten menos apoios nas clases baixas e máis apoios nas clases altas que os que cabería agardar dun partido socialdemócrata.

O partido perdeu as eleccións ao Parlamento de Macedonia de 1998, pero nas eleccións lexislativas do 15 de setembro de 2002, o partido converteuse no partido con máis forza obtendo 43 dos 120 escanos na Asemblea de Macedonia do Norte e o maior partido da alianza Xuntos por Macedonia, liderada pola SDSM e o Partido Liberal Democrático. Xuntos por Macedonia gobernou en coalición coa Unión Democrática para a Integración.

Radmila Šekerinska é a líder actual da SDSM. Foi elixida Presidenta o 5 de novembro de 2006, no Congreso do partido que seguiu á moción de censura contra o líder anterior, Vlado Bučkovski. Šekerinska fora previamente deputada Primeira Ministra da República de Macedonia responsable para a Integración Europea e da Coordinación Nacional para a Asistencia Estranxeira. Estivo tamén actuando como Primeiro Ministro da República de Macedonia dende o 12 de maio de 2004 até o 12 de xuño de 2004, e dende o 3 de novembro de 2004 até o 15 de decembro de 2004. Durante o seu mandato como deputada Primeira Ministra responsable para Asuntos Europeos, o Consello Europeo garantiu en decembro de 2005 o status de país candidato á UE a Macedonia do Norte. [1] [2]

O líder do partido até 2004 foi Branko Crvenkovski, que serviu como Primeiro Ministro de Macedonia dende 1992 até 1998, e dende 2002 até 2004. Crvenkovski foi entón elixido para que fose Presidente de Macedonia do Norte, posto que aínda ostenta. A presidencia do partido pasou a Vlado Bučkovski, que foi o líder do partido e Primeiro Ministro até as eleccións parlamentarias de 2006. Outros memrbos importante do partido son: Jani Makraduli, Zoran Zaev, Goran Mincev, Nikola Popovski, Ilinka Mitreva, Nikola Kjurkciev e outros. A SDSM é membro en pleno dereito da Internacional Socialista e membro asociado do Partido dos Socialistas Europeos.

O 30 de novembro de 2005, un dos membros máis importantes da SDSM, Tito Petkovski, que presentarase a presidente en 1999 e que quedara en segundo lugar, deixou o partido para formar o Novo Partido Socialdemócrata. Esta é a segunda maior escisión da SDSM, a primeira foi a escisión de 1993 de Petar Gošev, que creou o Partido Democrático.

Nas eleccións parlamentarias do 5 de xullo de 2006, o partido foi derrotado, recibindo 32 dos 120 escanos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar