IUPAC
A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (en inglés International Union of Pure and Applied Chemistry, IUPAC) é unha organización non gobernamental internacional fundada en 1919 que representa a química e as ciencias e tecnoloxías relacionadas con ela.
IUPAC | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome curto | IUPAC, UICPA, ИЮПАК, IUPAK, 国际化联, 國際化聯, آیوپاک, იუპაქ, IUSTC, AIGCF, МСЧПХ, İYUPAK, IUPAK, ஐயுபிஏசி e ไอยูแพ็ก ![]() | ||
Tipo | sociedade científica e editorial ![]() | ||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | química ![]() | ||
Industria | Ensino superior ![]() | ||
Entidades | |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 1919 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Zürich ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | iupac.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarPromove a cooperación continua entre tódolos químicos dos estados membros, estuda temas de importancia internacional para a química que precisan de estandarización ou codificación; coopera con outras organizacións internacionais en temas de natureza química e contribúe ó avance e á comprensión de tódolos aspectos da química, tanto pura coma aplicada.
A IUPAC é recoñecida coma unha autoridade internacional en nomenclatura química, terminoloxía, símbolos, unidades, pesos atómicos e temas afíns. Os seus informes e recomendacións son decotío aceptados coma definitivos e son as bases dos regulamentos de manufactura química, comercio internacional e asuntos relacionados coa alimentación, a saúde e ciencias ambientais.