Unión Club Ceares

O Unión Club Ceares é un club de fútbol español do barrio de Ceares, na cidade asturiana de Xixón. Foi fundado en 1946 e actualmente xoga no grupo II da Terceira División Española.

Ceares
NomeUnión Club Ceares
Alcume(s)Ciares, La Unión
Fundación1946
EstadioLa Cruz,
Xixón, Asturias Asturias
Capacidade1.500
PresidenteEspaña Alberto Álvarez García
AdestradorEspaña Florentino Angulo
Liga3ª – Grupo 2
2012–1312º
Na rede
http://ucceares.com
Titular
Alternativo

Historia editar

Foi fundado en 1946 como resultado da fusión entre o Blancoval e o Fortuna. Sendo Presidente D. José Ramón Elvira Sastre obtivo o seu primeiro ascenso a Terceira División na tempada 1964/65, aínda que volveu descender ao ano seguinte. Militou de novo en categorías rexionais ata 1986, cando logrou retornar á categoría nacional, na que se mantivo dúas tempadas consecutivas. Nas tempadas 2001-02 e 2002-03 logra dous ascensos consecutivos desde Primeira Rexional ata Terceira División, o último da man de Rogelio García. Este adestraría ao equipo durante sete anos, cun breve paréntese en 2007, conseguindo a primeira tempada o citado ascenso e manténdoo en Terceira as seguintes seis, o que supón o maior período do club nesta categoría. O adestrador en 2007 foi o exfutbolista do Sporting de Xixón José Antonio Redondo, pero o equipo volvería estar dirixido por Rogelio a metade de tempada, quen en 2009 finalizaría a súa etapa pasando Florentino Angulo a dirixir ao equipo. Conta cun grupo hooligan formado no ano 2010 chamado La Cruz Reds.

A tempada 2011-2012 faise cargo do club unha nova directiva que lle dá un xiro á entidade nunha liña de crítica contra o fútbol negocio e de reivindicación dun deporte popular e social, similar ao que en Alemaña encarna o Sankt Pauli ou en Inglaterra o FC United. Ademais, están irmandados co Club de Accionariado Popular Ciudad de Murcia.

Uniforme editar

 
Entrada ao campo de La Cruz
  • Uniforme títular: Camiseta vermella con mangas azuis, pantalón azul, medias a raias vermellas e azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca cunha banda lateral vertical vermella e azul na parte esquerda da camiseta, pantalón branco, medias a raias vermellas e azuis.

Estadio editar

Artigo principal: Estadio La Cruz.

Nos anos 60 xogaba os seus partidos no antigo campo de Viesques, situado no barrio do mesmo nome, terreo ocupado hoxe en día por un grupo escolar. Durante uns anos, ao non dispor de terreo de xogo, disputou os seus partidos por diversos campos de Xixón, ata que recalou no campo actual de La Cruz.

O terreo de xogo é de herba natural e ten unhas dimensións de 99 x 65 m. Ten unha bancada lateral, reformada en 2004 con asentos e capacidade para 500 persoas sentadas. Está situado no Parque de Los Pericones de Xixón.

Datos do club editar

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
1949/50 1ª Rexional
1950/51 1ª Rexional
1951/52 1ª Rexional 11º
de 52-53 Rexional
a 63-64 Rexional
1964/65 1ª Rexional
1965/66 16º
1966/67 1ª Rexional
1967/68 1ª Rexional
1968/69 1ª Rexional 13º
1969/70 1ª Rexional 17º
de 70-71 2ª Rexional
a 72-73 2ª Rexional
Tempada Categoría Posto
de 73-74 1ª Rexional
a 78-79 1ª Rexional
1979/80 Preferente 18º
1980/81 Preferente 17º
1981/82 Preferente 11º
1982/83 Preferente 16º
1983/84 Preferente 16º
1984/85 Preferente
1985/86 Preferente
1986/87 19º
1987/88 20º
1988/89 Preferente 17º
1989/90 Preferente 15º
Tempada Categoría Posto
1990/91 Preferente
1991/92 Preferente
1992/93 Preferente 14º
1993/94 Preferente
1994/95 Preferente
1995/96 Preferente 13º
1996/97 Preferente 13º
1997/98 Preferente
1998/99 Preferente 11º
1999/00 Preferente 12º
2000/01 Preferente 18º
2001/02 1ª Rexional
2002/03 Preferente
Tempada Categoría Posto
2003/04 10º
2004/05 11º
2005/06 16º
2006/07
2007/08 12º
2008/09 15º
2009/10 13º
2010/11 15º
2011/12 16º
2012/13 12º
2013/14 -

Xogadores destacados editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar