Umanità Nova (Nova Humanidade) é un periódico anarquista italiano fundado no ano 1920 en Milán e, en 2022, é o medio escrito da Federación Anarquista Italiana. Entre os seus colaboradores máis destacados estiveron Errico Malatesta, Antonio Ceri (os fundadores) e Camillo Berneri.

Umanità Nova

Editar o valor em Wikidata
FundadorErrico Malatesta
Lingualingua italiana
ISSN0391-8009
Na rede
http://www.umanitanova.org/
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Publicábase diariamente e nalgunhas zonas italianas a súa circulación, que foi duns 30.000 exemplares primeiro e logo duns 60.000, superou á do Avanti!, o xornal do Partido Socialista Italiano, ata 1922 en que foi pechado polo réxime fascista. Nunha carta de Anna Kuliscioff a Filippo Turati, a primeira estimaba a tiraxe do xornal en 100.000 exemplares, mentres que no mesmo período a tirada de Avanti! eran 70.000 exemplares.[1] Posteriormente, ata 1926, mantivo unha pequena tiraxe esporádica e clandestina e, entre 1943 e 1945, houbo unha reaparición notable con 14 números de 8.000 exemplares impresos en Florencia, Roma e Xénova.

Despois da caída do réxime en 1945 e dun congreso anarquista en Carrara, a publicación comezou a saír de novo dunha forma estable, esta vez nun formato semanal. O periódico continúa sendo publicado a día de hoxe, sendo impreso en Carrara, e dende 1974 é redactado por un equipo colexiado.

Notas editar

  1. Schirone 2010, p. 29.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar