Abrir o menú principal

Ulisses Correia e Silva

político caboverdiano

José Ulisses de Pina Correia e Silva, nado en Praia, Cabo Verde, o 4 de xuño de 1962, é un político, economista e profesor universitario caboverdiano.

Ulisses Correia e Silva
Sr. Ulisses Corrêa e Silva (cropped).png
Nome completoJosé Ulisses de Pina Correia e Silva
Nacemento4 de xuño de 1962
 Praia, Cabo Verde
NacionalidadeCabo Verde
Alma máterUniversidade Técnica de Lisboa e Instituto Superior Técnico
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacido na capital caboverdiana, Praia, o día 4 de xuño de 1962, fixo a súa formación primaria e secundaria no Liceo Domingo Ramos e seguidamente licenciouse en 1988 polo Instituto Superior de Economía e Xestión da Universidade Técnica de Lisboa (UTL).

Logo de rematar os seus estudos superiores, entre 1989 e 1994 tivo unha importante experiencia no sector bancario, o que levou a ser o Director do Departamento de Administración do Banco de Cabo Verde.

Seguidamente entrou no mundo da política como membro do partido Movemento para a Democracia (MPD) e pasou a pertencer ó goberno como Secretario de Estado de Facenda entre 1995 e 1998, e un ano máis tarde até o 2000, foi Ministro de Facenda. Durante a etapa na que se desempeñou como ministro, cómpre salientar o achegamento do escudo caboverdiano en relación co euro, tamén tivo un grande impacto na economía do país, logrando así un crecemento económico e a creación de emprego.

Entre 2002 e 2007 exerceu como profesor da Universidade Jean Piaget de Cabo Verde, na que impartiu cursos sobre o Control da Estratexia corporativa e da Economía da empresa.

Antes de iniciar o seu primeiro mandato como Presidente da Cámara Municipal do Distrito de Beach, foi elixido como deputado na Asemblea Nacional de Cabo Verde, onde máis tarde foi Xefe do Grupo Parlamentario do seu partido "MPD" dende marzo de 2006 até marzo de 2008 e ó mesmo tempo asumiu o posto de Vicepresidente.

Dende xuño de 2013 é o Presidente do MPD e tamén do Comité executivo da organización internacional "Unión de Cidades Capitais Luso-Áfro-Américo-Asiática (UCCLA)" e dende novembro de 2014 do " IDC - África".[1]

Como líder do seu partido, actualmente tras gañar cunha maioría absoluta[2] as Eleccións Parlamentarias de marzo de 2016, dende o día 22 de abril en sucesión de José Maria Neves, é o novo 6º Primeiro Ministro de Cabo Verde.[3][4][5][6][7]

NotasEditar

  1. "Presidente da Comissão Executiva (2013-2015)". Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  2. "MpD ganha maioria nas legislativas de Cabo Verde". 20 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  3. "José Maria Neves felicita Ulisses Correia Silva por ter vencida as eleições com". 22 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  4. "Ulisses Correia e Silva nuevo Primer Ministro de Cabo Verde". 24 de abril de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  5. "Ulisses Correia e Silva eleito primeiro-ministro de Cabo Verde". 21 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  6. "Ulisses Correia e Silva será el próximo primer ministro de Cabo Verde". 21 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  7. "Ulisses Correia e Silva será el próximo primer ministro de Cabo Verde". 21 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016.