Pobo u'wa

pobo indíxena de Colombia
(Redirección desde «U'wa»)

Os u'wa son un pobo indíxena que vive nos bosques húmidos do nordeste de Colombia. Historicamente, os u'wa chegaron a contar con 20 000 persoas, espallados nun territorio que se estendía a través da fronteira de Colombia con Venezuela. No presente, os u'wa son arredor de 10 000 persoas.

Pobo u'wa
Berito Kuwaru'wa, líder u'wa.
Poboación
Poboación total:
10 649 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
ColombiaArauca, Boyacá, Casanare, Santander e Norte de Santander
Aspectos culturais
LinguaLingua u'wa
Castelán
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Muisca
Lache
Guane
Guahibo

Os u'wa son coñecidos polos pobos indíxenas veciños como o "pobo que pensa" ou "o pobo que fala ben".[2] Eran anteriormente chamados tunebo, mais hoxe prefiren ser coñecidos como u'wa, que quere dicir "persoas".

Territorio editar

 
Mapa das linguas chibchas. Os u'wa representan o punto amarelo máis oriental.

Os u'wa viven no nordeste de Colombia, nos departamentos de Arauca, Boyacá, Casanare, Santander e Norte de Santander. Historicamente, tamén vivían no que hoxe é Venezuela.

Notas editar

  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. UNESCO Centre of Catalonia, U'wa Dossier

Véxase tamén editar

Outros artigos editar