Un tótem[1] é un obxecto, ser ou animal sobrenatural, que nas mitoloxías dalgunhas culturas se toma coma emblema da tribo ou do individuo; este pode incluír unha diversidade de atributos e significados.

Poste tótem en Stanley Park, Vancouver.

No totemismo, enténdese tamén coma o principio ou orixe dun determinado grupo humano, que se cre descendente dese tótem, animal, vexetal ou obxecto inanimado. Neste senso, aínda que o termo provén da cultura ojibwa, orixinaria de América do Norte, o totemismo pódese observar ao longo da evolución das sociedades humanas noutros continentes e eras.

Os postes Tótem

editar

Os postes Tótem son esculturas monumentais entalladas en grandes árbores, especialmente de especies do Cedro Vermello, que realizan certas culturas de pobos indíxenas de América localizadas na zona noroeste da costa do Pacífico de América do Norte. A palabra "tótem", tomada en galego do inglés, deriva do Ojibwe odoodem, "seu totem, seu grupo familiar" (raíz -oode).

Significado e fins

editar

O significado da elaboración de postes tótem son tan variadas como as culturas que os producen. Poden contar lendas familiares, liñaxes de clans ou acontecementos notábeles. Algúns postes son erguidos para celebrar crenzas culturais, mentres outros tentan máis ser unha presentación artística. algúns deles forman parte de estruturas funerarias, incorporando caixas-sepulturas para o que se excaba o poste ou tronco, para poder colocar a caixa adecuadamente. Outros postes poden ilustrar historias, conmemorar personaxes históricas, representar poderes xamánicos ou fornecer obxectos de ridículo público.

Porén os postes tótem non foron nunca obxectos de culto. A asociación deles cun "culto idolátrico" era unha idea de misioneiros cristiáns. A mesma suxestión foi feita polos primeiros exploradores europeos, mais exploradores posteriores como Jean-François de La Pérouse percatáronse de que os postes tótem non eran xamais tratados reverencialmente; só se usaban así para crear alusións ou ilustrar algunhas narración, pero de feitos os postes eran deixados apodrecer cando se abandonaba a aldea.

Postes tótem fóra de América do Norte

editar

Postes semellantes aos tótem áchanse noutras partes do mundo. Debido as semellanzas foron descritos e nomeados como se fosen tales. As culturas que mostran exemplos de obxectos de uso similar son a dos maorís de Nova Zelandia, e a dos ainus do norte do Xapón e illas setentrionais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tótem.