Tutuila
Tutuila é a principal e a máis grande illa da Samoa Americana, e a terceira illa máis grande da cadea das illas de Samoa. A illa destaca no Pacífico Central polo seu gran porto natural: o porto de Pago Pago, que é a capital da Samoa Americana. No século XIX, Tutuila chamábase Maouna.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Ilhas Samoa (pt) | |||
Situado na entidade xeográfica | Ilhas Samoa (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Samoa Americana, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 404 m | |||
Punto máis alto | Matafao Peak (en) (653 m ) | |||
Superficie | 140,3 km² | |||
A área da illa é de 141,81 km², e tiña unha poboación de 55.876 habitantes (censo 2000) (estas cifras inclúen a illa Aunu'u, fronte á costa sueste de Tutuila, que ten unha superficie de 1,517 km² e unha poboación de 476 habitantes). O punto máis alto da illa é Matafao Peak (653 m).
Politicamente, a illa está dividida en dúas divisións principais, o Distrito Leste e o Distrito Oeste.