Turles (ターレス?) é un personaxe exclusivo do filme da serie Superbatalla na Terra de Dragon Ball Z. É un guerreiro do espazo que traballa pola súa conta conquistando planetas. Ten unha aparencia case igual á de Son Goku pero cunha pel máis escura, isto débese, segundo explica el mesmo, a que ambos son guerreiros de clase baixa, os cales contan con poucos fenotipos (variedade en aparencia física). En cada planeta que conquistaba plantaba unha semente, a cal xermolaba na coñecida como "Árbore da vida", e ó comer o seu froito, o seu poder de pelexa foi aumentando notablemente.

Turles chega á Terra para plantar unha semente da súa árbore sagrada. Logo de que a enerxía da Terra comezase a ser drenada, Goku e os Guerreiros Z acoden a combater a Turles e ós seus Guerreiros. Despois dunha terrible batalla na que Gohan se converte nun Ōzaru e Goku o despoxa do seu rabo, Turles é derrotado á fin por Goku empregando unha Genkidama coa enerxía da propia árbore.

Posteriormente na OVA Dragon Ball Z Gaiden: Saiyajin Zetsu Metsu (en galego "O plan para exterminar ós guerreiros do espazo") Gohan realiza un Kame Hame Ha onde é finalmente derrotado.

O seu nome é un anagrama da palabra en inglés para leituga, Lettuce (レタス Letasu?).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar