O "tucumanazo" foi unha protesta social masiva ocorrida entre o 10 e o 14 de novembro de 1970 na cidade de Tucumán, capital da provincia do mesmo nome na rexión noroeste (NOA) da Arxentina. Formou parte de levantamentos similares sucedidos durante a ditadura militar coñecida como Revolución Arxentina como o rosariazo, cordobazo, mendozazo etc.

Os feitos editar

Os feitos iniciáronse coa decisión do movemento estudantil de organizar un comida popular fronte ao clausurado comedor estudantil situado na rúa Muñecas ao 200, fronte á Escola Normal, da cidade de San Miguel de Tucumán.

O día 10 de novembro de 1970 uns 1.000 estudantes reuníronse alí para xantar. O movemento foi reprimido pola policía e desencadeou unha resistencia que se estendeu por toda a cidade e gañou o apoio do movemento sindical e a poboación, que en pouco tempo conseguiron tomar toda a cidade.

Durante 4 días, desde o martes 10 e ata o sábado 14 de novembro o movemento logrou manter a cidade tomada. A represión foi realizada por unha forza militar-policial conxunta dirixida por Jorge Rafael Videla, quen 6 anos despois encabezaría o golpe militar do 24 de marzo de 1976 e a violenta ditadura resultante coñecida como Proceso de Reorganización Nacional.

Con todo as protestas sociais en Tucumán comezaron moito antes de novembro de 1970, polo que algúns investigadores falan dun primeiro Tucumanazo ocorrido ata nos días previos ao Cordobazo en maio de 1969. As protestas por outra banda, non só se circunscribiron á capital tucumana, senón que o interior da provincia viuse convulsionado con manifestacións violentas por parte dos traballadores que buscaban defender a apertura dos enxeños azucreiros, motor da economía tucumana. 11 enxeños foran pechados en 1966, polo que as rebelións tiveron a súa orixe precisamente alí.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Crenzel, Emilio (1991). El Tucumanazo (1969-1974). Buenos Aires: CEAL. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar