O "mendozazo" foi unha protesta social ocorrida o 4 de abril de 1972 en Mendoza, provincia da rexión Cuyana da Arxentina. O nome débese ás súas similitudes como movemento social co "cordobazo" producido o 29 de maio de 1969 noutra provincia Arxentina, Córdoba.

Este feito de ton violento debe ser inscripto no contexto polo cal estaba transitando a Nación Arxentina. Desde 1966 o país vivía unha coerción das súas liberdades pola existencia dunha ditadura militar, liderada polo xeneral Juan Carlos Onganía.

En 1972, gobernaba a xunta militar a cargo do goberno do xeneral Alejandro Agustín Lanusse. Cansados da fame e a miseria, os habitantes de Mendoza reclamaban un aumento dos salarios. En lugar disto, o xefe da xunta militar dispuxo un aumento nas tarifas da electricidade para as provincias. Este foi o motivo detonante dunha protesta que se xeneralizou espontaneamente entre os cidadáns de Mendoza. Foi unha reacción popular, que terminou coa vida de varias persoas, a destrución de máis de 100 automóbiles, o incendio de varios trolebús, ademais de queima e destrución de negocios. O resultado foi centenares de feridos e detidos.

Con esta reacción popular logrouse que non aumentasen os impostos, e a subida dos salarios. O gobernador de Mendoza nese entón, Francisco Gabrielli, viuse obrigado a renunciar por mor dos sucesos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

A Hidra de mil cabezas. Historia de los movimientos sociales