Tsuneko Okazaki

científica xaponesa

Tsuneko Okazaki, nada o 7 de xuño de 1933, é unha científica xaponesa, bióloga molecular, coñecida por descubrir e investigar en 1968, xunto co seu home Reiji Okazaki (1930-1975), uns fragmentos característicos de ADN que recibiron o nome de fragmentos de Okazaki en memoria dos descubridores.

Tsuneko Okazaki
Tsuneko Okazaki cropped 2 Tsuneko Okazaki 201511.jpg
Nacemento7 de xuño de 1933
 Nagoia
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade de Nagoya e Aichi Prefectural Asahigaoka Senior High School
Ocupaciónbióloga, xenetista, bióloga molecular e catedrática
Premiospremios para mulleres científicas L'Oréal -UNESCO e Pessoa de Mérito Cultural
editar datos en Wikidata ]

Trátase de cadeas curtas de nucleótidos que se forman durante a duplicación do ADN na chamada "duplicación descontinua".

BiografíaEditar

Graduouse na Universidade de Nagoia (Xapón en 1956 e foi a primeira muller profesora nesta universidade, para pasar despois a exercer de profesora no Instituto Médico da Universidade Fujita.

No ano 2000 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres na Ciencia, premio que se concede anualmente a cinco científicas distinguidas, unha por cada continente.

En 2015, a Universidade de Nagoia creou o Premio Tsuneko e Reiji Okazaki en honor ó legado do matrimonio.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar