Troy Kotsur

actor estadounidense

Troy Michael Kotsur, nado en Mesa, Arizona, o 24 de xullo de 1968, é un actor estadounidense. A súa interpretación no filme CODA valeulle un Óscar ao mellor actor secundario de 2021,[1] entre outros premios.

Infotaula de personaTroy Kotsur

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Mesa, Arizona, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Gallaudet (pt) Traducir
American River College (en) Traducir
Westwood High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDeanne Bray (2001–)
Premios

IMDB: nm1319274 Allocine: 108354 Rottentomatoes: celebrity/troy_kotsur Allmovie: p767348 Metacritic: person/troy-kotsur TV.com: people/troy-kotsur Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Kotsur é fillo de JoDee (de solteira True) e Leonard Stephen "Len" Kotsur, xefe de policía de Mesa.[2] Cando Kotsur tiña nove meses, os seus pais descubriron que era xordo e aprenderon a lingua de sinais americana para que a familia puidese comunicare. Os pais de Kotsur incentivárono para que practicase deportes e fixese amizade con nenos ouvintes no seu barrio. Kotsur asistiu á Phoenix Day School for the Deaf, onde se interesou pola actuación. Formouse na Westwood High School. No ensino medio, o seu profesor de teatro animouno a participar no espectáculo de variedades sénior, e interpretou unha escena de pantomima que foi recibida positivamente e o motivou a seguir no teatro.[3]

Despois que Kotsur se formou no ensino medio, realizou prácticas na KTSP-TV (posteriormente KSAZ-TV). Aínda que aspiraba a dirixir, nas prácticas axudaba a un editor e non se sentía conectado coas persoas, lembrando: "O meu soño de dirixir esvaeuse despois de que aceptei o feito de vivir nun mundo que non usaba a miña lingua".[4] Entón asistiu á Universidade Gallaudet de 1987 a 1989 e estudou teatro, televisión e cinema.

Carreira

editar

Cando Kotsur recibiu unha oferta de traballo como actor do Teatro Nacional dos Xordos (NTD), aceptou e deixou o Gallaudet para facer unha xira co NTD durante dous anos, actuando en dúas obras. En 1994 comezou a traballar para o Deaf West Theatre nos Ánxeles, actuando e dirixindo diversas producións.[5] No teatro, os seus papeis incluíron Stanley en A Streetcar Named Desire, Lenny en Of Mice and Men e o príncipe Hamlet en Ophelia.

En 2021, Kotsur apareceu na longametraxe CODA nun papel secundario como o pai xordo dunha filla adolescente ouvinte. A directora Sian Heder viu por primeira vez as súas interpretacións nas producións de Deaf West de Our Town e At Home at the Zoo de Edward Albee e contratouno como parte do elenco. A NPR informou que a actuación de Kotsur en CODA "impresionou tanto o público como a crítica".[6]

Kotsur tamén dirixiu a longametraxe No Ordinary Hero: The SuperDeafy Movie (2013).

Vida persoal

editar

Kotsur está casado coa actriz Deanne Bray.

Filmografía

editar
Ano Título Personaxe Notas
2007 The Number 23 Barnaby
2008 Universal Signs Chris
2009 See What I'm Saying: The Deaf Entertainers Documentary El mesmo Documental
2013 No Ordinary Hero: The SuperDeafy Movie Matt Also director
2016 Wild Prairie Rose James Hansen
2021 CODA Frank Rossi

Televisión

editar
Ano Título Personaxe Notas
2001 Strong Medicine Lars Episodio: Fix"
2002–2005 Sue Thomas: F.B.Eye Troy Myers 5 episodios
2003 Doc Troy Episodio: "Rules of Engagement"
2006 CSI: NY Dennis Mitchum Episodio: "Silent Night"
2007 Scrubs Mr. Frances Episodio: "My Words of Wisdom"
2012 Criminal Minds John Myers Episodio: "The Silencer"
2019 The Mandalorian Tusken Raider Scout #1 Episodio: "Chapter 5: The Gunslinger"
  1. Pulver, Andrew; Horton, Adrian (28 de marzo de 2022). "Troy Kotsur wins best supporting actor Oscar for Coda". theguardian.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  2. 12 News
  3. Potkonjak, Marija (14-8-2021). "Sound, fury and success on stage". East Valley Tribune. Consultado o 6-2-2022. 
  4. Polletta, Maria (1-12-2014). "Deaf actor from Mesa directs first movie". The Arizona Republic. Consultado o 6-2-2022. 
  5. "Deaf Person of the Month: Troy Kotsur". MSM Productions Ltd. novembro de 2012. Consultado o 6-2-2022. 
  6. Del Barco, Mandalit (8-8-2021). "How Troy Kotsur of 'CODA' broke barriers as a deaf actor, on stage and on screen". NPR. Consultado o 6-2-2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar