Trofeo Teresa Herrera 1957
12ª edición do Trofeo Teresa Herrera
O Trofeo Teresa Herrera de 1957 foi a duodécima edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 16 de xuño de 1957 a partido único. O campión foi o Vasco da Gama brasileiro, que derrotou por 4-2 ao Athletic Club.[1][2][3]
Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Parte de | Trofeo Teresa Herrera |
Número de participantes | 2 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | estadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 |
País | España |
Número de edición | 12 (1957) |
Competición | |
Árbitro | Joaquim Campos |
Primeiro posto | Club de Regatas Vasco da Gama |
A vitoria do Vasco supuxo o desquite da segunda edición do torneo, dez anos antes, cando o Athletic derrotou aos brasileiros por 3-2. Ademais foi o terceiro partido do Vasco no Estadio de Riazor, despois de xogar en 1955 fronte ao Deportivo da Coruña un partido de homenaxe a Cuenca.[4]
Participantes
editarVasco da Gama | Campión Carioca 1956 |
Athletic Club | Campión de liga e Copa 1956/57 |
Partidos
editarFinal
editarVasco da Gama | 4–2 | Athletic Club | 16 de xuño de 1957 – Riazor, A Coruña Asistencia: 36.000 Árbitro: Campos |
Laerte III 22' Válter Marciano 24' 73' 80' |
Informe |
Bilbao 54' Artetxe 82' | |
|
|
Notas
editar- ↑ Datos da final en rsssf.com
- ↑ "El Vasco de Gama ganó el XII Trofeo Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 18 de xuño de 1957. p. 4.
- ↑ Henry (17 de xuño de 1957). "Ganó el Vasco de Gama el XII Trofeo Teresa Herrera". La Noche (en castelán) (11308). p. 6. Consultado o 8 de setembro de 2022.
- ↑ "El Vasco da Gama venció al Deportivo, en partido homenaje a Cuenca (6-1)". La Noche (en castelán). 30 de maio de 1955. p. 1. Consultado o 22 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos da final en canaldeportivo.com
- Foto dos dous equipos momentos antes do partido[Ligazón morta]. Proxecto Recordos en Branco e Azul en Phottic.