Trofeo Teresa Herrera 1953

8ª edición do Trofeo Teresa Herrera

O Trofeo Teresa Herrera de 1953 foi a oitava edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 6 de setembro de 1953 a partido único. O campión foi o Real Madrid CF, que derrotou por 8-1 ao desaparecido Toulouse FC, na maior goleada da historia do torneo.[1][2]

Modelo:Competición deportivaTrofeo Teresa Herrera 1953
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
Parte deTrofeo Teresa Herrera Editar o valor en Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localizaciónestadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición8  (1953) Editar o valor en Wikidata
Competición
ÁrbitroJosé Vieira da Costa Editar o valor en Wikidata
Primeiro postoReal Madrid CF Editar o valor en Wikidata

1952 Editar o valor en Wikidata
1954 Editar o valor en Wikidata

Inicialmente o rival do Real Madrid ía ser o First Vienna FC de Austria, pero ao non chegar a bo porto esta opción, contratouse ao Toulouse, por mediación do intermediario madrileño Luis Guijarro. A pesar de que Guijarro anunciou que o equipo francés, que acababa de ascender á Primeira división, chegaría cunha selección de estrelas de varios equipos do país,[3] a realidade foi que o equipo que chegou á Coruña foi a formación suplente do Toulouse, quedando os titulares en Francia para xogar a xornada de liga, e completado con xogadores suplentes doutros equipos franceses.[4]

O torneo foi considerado un fracaso e o engano de Guijarro provocou un gran enfado da comisión organizadora liderada por Cristino Álvarez.[5][6]

Participantes

editar
  Real Madrid 3º na liga española 1952/53
  Toulouse FC Campión da Segunda división francesa 1952/53

Partidos

editar
Real Madrid 8–1 Toulouse FC 6 de setembro de 1953 – Riazor, A Coruña
Asistencia: 22.000
Árbitro:   Vieira da Costa
Olsen   6'   19'   71'   75'
Britos   9'   69'
Atienza   15'
Pérez Payá   34'

Fernández   52'
Titulares:
  Pazos
  Navarro
  Oliva
  Lesmes II
  Becerril   45'
  Zárraga
  Britos
  Joseíto
  Pérez Payá  
  Olsen
  Atienza
Substitucións:
  Muñoz   45'
Adestrador:
  Enrique Fernández Viola
Titulares:
Lazare
Broccolichi
  Haddad
    Swiatek
  Nikitis
  Meerseman
  Zapata
  Gabet
  Brodd
  Boucher
  Fernández
  1. Datos da final en rsssf.com
  2. Toba Romero (8 de setembro de 1953). "Superioridad abrumadora del Real Madrid en su encuentro con el Toulouse". El Correo Gallego (en castelán). p. 5. Consultado o 24 de decembro de 2020. 
  3. "Ante el Teresa Herrera el Toulouse traera una seleccion de ases de todos los equipos franceses". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de setembro de 1953. p. 5. 
  4. Leirachá, Vicente (8 de setembro de 1953). "Nos prestaron jugadores para venir a jugar el partido, dice Zapata". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 5. 
  5. Fernández, Carlos (6 de setembro de 2003). "Un trofeo Teresa Herrera con un equipo adulterado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2020. 
  6. "Cristino Alvarez se defiende". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 1953. p. 5. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar