Rafael Lesmes

futbolista español

Rafael Lesmes Bobed, coñecido como Lesmes II, nado en Ceuta o 9 de novembro de 1926 e finado en Valladolid o 8 de outubro de 2012, foi un futbolista español que xogaba como lateral esquerdo. Foi membro do Real Madrid das cinco Copas de Europa, club no que militou durante oito tempadas, gañando ademais catro títulos de liga. Xogou ademais varias tempadas no Valladolid, onde coincidiu co seu irmán máis vello, Paco Lesmes, coñecido como Lesmes I.

Lesmes II
Información persoal
Nome Rafael Lesmes Bobed
Nacemento 9 de novembro de 1926
Lugar de nacemento Ceuta
Falecemento 8 de outubro de 2012
Lugar de falecemento Valladolid
Posición defensa
Carreira xuvenil
África Ceutí
Ibarrola
Betis de Hadú
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945–1949 Atlético Tetuán
1949–1952 Valladolid 78 (1)
1950 Atlético de Madrid 0 (0)
1952–1960 Real Madrid 163 (0)
1960–1962 Valladolid 27 (0)
Selección nacional
1955–1958 España 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido en Ceuta, comezou a súa carreira futbolística nesa cidade, xogando en equipos como o África Ceutí, o Ibarrola ou o Betis de Hadú.[1] Entre 1945 e 1949 militou no Atlético Tetuán, e a continuación fichou polo Valladolid,[2] ao que se incorporou como condición que puxo seu irmán Paco para fichar el mesmo polo club, procedente do Granada.[3] Debutou na Primeira División co equipo adestrado por Antonio Barrios na cuarta xornada da tempada 1949/50, ante o Deportivo da Coruña en Riazor, formando na defensa titular a carón de seu irmán e de Babot.[4] Foi titular en 28 partidos da tempada e ao remate desta reforzou o Atlético de Madrid para disputar o Trofeo Teresa Herrera contra a Lazio, e tamén en dous partidos da Copa Latina, contra o Girondins de Bordeos e de novo contra a Lazio. Xogou dous anos máis en Valladolid, tendo como mellor resultado o sexto posto en liga na tempada 1950/51.

En agosto de 1952 foi traspasado ao Real Madrid, trala marcha do adestrador Ipiña tamén ao club branco.[5] Aínda que lastrado por unha lesión na súa primeira tempada, fíxose rapidamente coa titularidade e disputou 221 partidos oficiais en oito anos coa camiseta branca. Formou parte do equipo que gañou cinco Copas de Europa consecutivas e foi titular en tres das finais (1956, 1957 e 1958).[6] Gañou ademais catro ligas e dúas Copas Latinas. En 1960 regresou ao Valladolid, onde xogou dúas tempadas antes de retirarse.

Selección española editar

Sen ter xogado ningún partido coa selección española, foi convocado por Guillermo Eizaguirre para o Mundial de 1950 no Brasil, onde non chegou a debutar. Finalmente, tivo que esperar cinco anos máis para xogar o seu primeiro encontro internacional. Foi o 17 de marzo de 1955 en Madrid, nunha derrota por 1-2 ante a selección francesa. O seu segundo e último partido coa selección de Lesmes foi nunha goleada por 6-2 contra Irlanda do Norte o 15 de outubro de 1958.[7][3]

Morreu en Valladolid o 8 de outubro de 2012, aos 85 anos de idade.[8]

Palmarés editar

Real Madrid

Notas editar

  1. "Lesmes II, una leyenda ceutí olvidada" (en castelán). 13 de marzo de 2019. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  2. "Ganador de cinco Copas de Europa con el Real Madrid" (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Rafa Lesmes, muere la última leyenda" (en castelán). 9 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  4. "Victoria del Deportivo sobre el Valladolid (1-0)". El Correo Gallego (en castelán) (24166). 27 de setembro de 1949. p. 4. Consultado o 8 de maio de 2022. 
  5. "Lesmes II ya es del Real Madrid". El Correo Gallego (en castelán) (25071). 23 de agosto de 1952. p. 4. Consultado o 8 de maio de 2022. 
  6. "Partidos de Lesmes II na Copa de Europa". rsssf.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2022. 
  7. "España, 6 - Irlanda del Norte, 2". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de outubro de 1958. p. 3. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  8. "Fallece Lesmes II, ganador de 5 Copas de Europa consecutivas". ABC (en castelán). 9 de outubro de 2012. Consultado o 9 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar