Trofeo Catalunya Internacional

O Trofeo Catalunya Internacional foi un torneo amigable de fútbol que organizaba a Federación Catalá de Fútbol e que enfrontaba á Selección de Cataluña con outro combinado internacional. Foi creado en 2009 e disputáronse cinco edicións.

Modelo:Competición deportivaTrofeo Catalunya Internacional
Imaxe
A selección catalá recibindo o trofeo conquistado en 2010 ante Honduras
Tipocompetición futbolística Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCataluña (España) 41°50′15″N 1°32′16″L / 41.8375, 1.5378 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2009 – Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Desde os anos 1990, a selección catalá de fútbol disputaba anualmente un partido amigable de carácter internacional, coincidindo coas festas do Nadal. No marco das reivindicacións catalás para poder participar en competicións oficiais, en 2009 o presidente a Federación Catalá de Fútbol, Jordi Casals, anunciou a conversión dese amigable nun torneo anual, bautizado como Trofeo Catalunya Internacional. Como premio para o gañador, o artista Joan Moura doou un escultura que simboliza as catro barras da senyera catalá.[1]

Na primeira edición, que se disputou o 22 de decembro de 2009, a Cataluña de Johan Cruyff venceu por 4-2 á selección arxentina, dirixida entón por Diego Armando Maradona, quen non puido sentar no banco por unha sanción.[2] Un ano máis tarde os anfitrións volveron levar o trofeo tras golear á mundialista Honduras por 4-0.

Na terceira edición, tras o empate, a selección catalá, nunha decisión de fair play, decidiu entregar o trofeo a Tunisia.[3]

Palmarés

editar

Edicións

editar
Edición Data Lugar Estadio Campión Subcampión Resultado
I 22/12/2009 Barcelona Camp Nou   Cataluña   Arxentina 4-2
II 28/12/2010 Barcelona Lluís Companys   Cataluña   Honduras 4-0
III 30/12/2011 Barcelona Lluís Companys   Tunisia   Cataluña 0-0
IV 2/1/2013 Cornellà Cornellà-El Prat   Nixeria   Cataluña 1-1
V 30/12/2013 Barcelona Lluís Companys   Cataluña   Cabo Verde 4-1
VI 28/12/2016   Tunisia   Cataluña 3-3 (4-2)

Equipos con máis títulos

editar
Equipo Títulos
  Cataluña 3
  Tunisia 2
  Nixeria 1
  1. El Economista, ed. (9 de decembro de 2009). "Casals: "Catalunya debe xogar contra as mellores 15 seleccións do mundo"" (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2009. 
  2. Diario Clarín, ed. (23 de decembro de 2009). "A Selección fallou demasiado e caeu ante Catalunya sen atenuantes" (en español). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 
  3. Mundo Deportivo, ed. (31 de decembro de 2011). ""Catalunya-Tunisia: Unha gran festa"" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar