Triángulo invernal

O triángulo invernal é un asterismo astronómico formado polas tres estrelas máis brillantes do ceo do hemisferio norte no inverno.[1] É un triángulo equilátero imaxinario debuxado na esfera celeste cos vértices definidos por Sirius, Betelgeuse e Procyon, as estrelas primarias nas tres constelacións de Canis Major, Orión e Canis Minor respectivamente.[2]

O triángulo invernal: a estrela de abaixo é Sirius, arriba á dereita está Betelgeuse e á esquerda Procyon

Visibilidade editar

 
Triángulo invernal

En inverno durante a maior parte da noite o triángulo invernal permanece alto no ceo nas latitudes centrais e setentrionais, pero tamén se pode ver no outono na primeiras horas da mañá no leste. Na primavera o triángulo vese no serán no oeste antes das súas estrelas desapareceren do horizonte. No hemisferio sur aparece ao revés e máis baixo no ceo durante os meses de verán.[3]

O triángulo rodea a maior parte da tenue constelación de Monoceros, así e todo é difícil darse de conta a simple vista.

Notas editar

  1. Charles Morse Huffer; Frederick E. Trinklein; Mark Bunge (1967). An introduction to astronomy. Holt, Rinehart and Winston. 
  2. Ian Ridpath (2012). The Monthly Sky Guide. Cambridge University Press. p. 15. ISBN 978-1-139-62066-6. 
  3. Lou Williams A dipper full of stars. 1964.