Triángulo estival

O triángulo estival é un asterismo astronómico que imaxina un triángulo debuxado na esfera celeste no hemisferio norte, con vértices en Altair, Deneb, e Vega as estrelas máis brillantes nas constelacións de Aquila, Cygnus, e Lyra, respectivamente.

Triángulo estival

Historia editar

O escritor norteamericano H.A. Rey e o astrónomo británico Patrick Moore popularizaron o termo na década de 1950[1]. Non obstante, o nome xa o empregaban os afeccionados á astronomía e así se atopa nunha guía de constelacións de 1913[2]. O astrónomo austríaco Oswald Thomas describiu estas estrelas como Grosses Dreieck (Gran triángulo) a finais da década de 1920 e Sommerliches Dreieck (Triángulo de pleno verán) en 1934 e xa o remarcara como asterismo J. J. Littrow, quen o describiu como un triángulo conspicuo no seu atlas de 1866 e Bode conectara as estrelas nun mapa nun libro seu de 1816. Son as mesmas estrelas da lenda chinesa da tecelá e o arrieiro que se celebra no festival qixi.

Visibilidade editar

 
O triángulo estival no estrelado ceo nocturno

Preto da medianoite, o triángulo estival radica no alto en latitudes centrais e setentrionais durante os meses de verán, pero tamén se pode ver durante a primavera no principio da mañá no leste. No outono o triángulo vese no serán no oeste ata novembro. No hemisferio sur aparece ao revés e baixo no ceo durante os meses de inverno.

Notas editar

  1. Patrick Moore (1983). Patrick Moore's History of astronomy. Macdonald. ISBN 978-0-356-08607-1. 
  2. Alice Mary Matlock Griffiths (1913), The Stars and Their Stories: A Book for Young People.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar