Trezenzonio

Trezenzonio foi un monxe galego ao que a tradición atribúe a proeza de poder divisar e ata visitar unha das illas do Paraíso. As súas aventuras foron recollidas no Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna, un códice medieval redactado en latín no século XI.

Trezenzonio
Ocupaciónmonxe
editar datos en Wikidata ]
Imaxe da Torre de Hércules, desde onde Trezenzonio divisou a Illa Magna do Solstiticio.

HistoriaEditar

Tras ser saqueada Galicia por unha das múltiples razzias coa que os musulmáns atribularon a rexión no século VIII, Trezenzonio dirixiuse á Torre de Hércules da Coruña. Alí dirixiu a súa mirada cara ao mar, onde con axuda dos primeiros raios do amencer puido divisar a chamada Grande Illa do Solsticio (Magna Insula Solistitionis), que estaba consagrada a Santa Tegra. Decidiu navegar cara a aquel lugar e tras desembarcar na illa arribou á cidade de Cesárea, onde destacaba unha gran basílica adornada con xoias e pedras preciosas. O clima naquela illa era delicioso, e había comida en abundancia. A dor, a fame, o medo e as desgrazas eran inexistentes. Permaneceu nela durante sete anos, e unha vez transcorrido este tempo un anxo aparecéuselle e encomendoulle navegar de regreso a Galicia.

Por resistir ás ordes divinas foi castigado coa lepra, e tivo que contemplar impotente como se podrecían durante o traxecto de regreso as probas que sobre a existencia da Grande Illa do Solsticio acumulara na nave. Trezenzonio, arrepentido, dirixiuse tralo seu desembarco á cidade de Tui, onde se atopou con Adelfio, bispo da cidade.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • M.C. Díaz y Díaz, Visiones del Más Allá en Galicia durante la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, Artes Gráficas Galicia, 1985
  • P. d'Azevedo, Viagem á ilha de "Solistitionis" (Ms. do século XIV), Boletim da Clase de Letras. 622-629, Academia das Ciencias de Lisboa 12 (1918)

Ligazóns externasEditar