Treosa
A treosa é un monosacárido de catro carbonos coa fórmula molecular C4H8O4. Polo seu número de carbonos é unha tetrosa, condición que comparte coa eritrosa e eritrulosa. Ten un grupo aldehido terminal na súa cadea liñal, polo que é unha aldosa. Presenta estereoisómeros D e L, a D-treosa e a L-treosa, que aparecen na mesma cantidade nas mesturas racémicas.
Treosa[1] | |
---|---|
D-Treosa
| |
L-Treosa
| |
(2S,3R)-2,3,4-Trihidroxibutanal (D) | |
Outros nomes Treotetrosa | |
Identificadores | |
Número CAS | 95-43-2 (D), 95-44-3 (L) |
PubChem | 439665 (D) |
ChemSpider | 388736 |
ChEBI | CHEBI:28587 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C4H8O4 |
Masa molar | 120,10 g mol−1 |
Aspecto | Xarope |
Solubilidade en auga | Moi soluble |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A raíz "treo" do que deriva o nome da treosa (e a raíz "eritro" da que deriva o nome do seu diastereoisómero eritrosa) dános unha maneira útil de describir estruturas orgánicas xerais que teñen centros quirais adxacentes, na que os "prefixos... designan a configuración relativa dos centros".[2] Na proxección de Fischer da D-treosa, os substituíntes adxacentes teñen unha orientación sin no isómero denominado "treo", e son anti no isómero denominado "eritro".[3]
No chamado ácido treonucleico ou ácido nucleico de treosa, a treosa fai o mesmo papel que a ribosa e a desoxirribosa no ARN e ADN.
Notas
editar- ↑ Merck Index, 11th Edition, 9317
- ↑ Formulas Using Other Configurational Notations, W. Rausch, accessed 1 March 2011
- ↑ ibid. O Prof. Rausch explica que os prefixos "poden ser aplicados a compostos racémicos, ou a enantiómeros puros e aos compostos meso", e que cando se debuxan na representación en zigzag común, os "substituíntes [adxacentes] poden situarse no mesmo lado da cadea carbonada... [sin] ou en lados opostos... [anti]", o cal é o contrario nas súas proxeccións de Fischer.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Eritrosa
- Ácido treonucleico, o ácido nucleico de treosa