Trend TV é unha estación de televisión local de Croacia con sede en Karlovac[1]. Comezou as súas emisións en 2005 co nome de TV 4 rijeke (TV4R) e emite como televisión local para as cidades de Zagreb, Samobor, Zaprešić, Velika Gorica, Karlovac e Ogulin. En 2017 cambiou ao seu nome actual.

Trend TV
Inicio das emisións 2005 (como TV 4 rijeke)
Propiedade de KA-VISION
País Croacia Croacia
Lingua croata
Área de emisión Croacia Croacia
Sede central Karlovac

Na rede
https://trend.com.hr

Historia editar

Durante a primeira época funcionou como unha estación local de Karlovac. O 5 de outubro de 2010, coa implantación da televisión dixital en Croacia, a canle pódese sintonizar na rexión 4 que cobre máis dun millón de peroas[2]. Dende 2014 a canle forma parte de KA-VISION, propiedade de Marko Vuković[1], e virou para unha programación máis rexional. Presente en varias compañías de televisión por cable, pódese sintonizar así por toda Croacia.

Cobertura do sinal editar

As emisións pódense sintonizar en tres subrexións locais dixitais:

d44 - Zagreb, Velika Gorica, Sveta Nedelja, Stupnik e parte do concello de Samobor

d45 - Jastrebarsko, Klinča Sela, Krasic e Pisarovina

d46 - Karlovac, Lasinja, Ozalj, Zakanje, Draganic, Netretic, Duga Resa, Generalski Stol, Barilovici, Krnjak, e parte dos concellos de Vojnic e Bosiljevo.

Programación editar

Tradicionalmente, a programación estrutúrase en varias franxas: programa matinal ata 12 horas, programa de mediodía e tarde de 12 a 20 horas, programa vespertino de 20 a media noite e o programa nocturno de 24 a 6 horas da mañá.

O elemento central do programa vespertino era o noticiario local Karlovački obzornik, con novas dos acontecementos diarios na cidade e rexión. Os espectáculos orientados rexionalmente eran Iver, Pokupska kronika e Žumberak zov. Trend TV segue tamén a actividade das organizacións da sociedade civil, así como institucións con sede en Zagreb, Kordun e Karlovac e conta con programas para as minorías relixiosas e étnicas con temas específicos como o patrimonio étnico, especialidades culturais e similares.

Conta cunha produción propia de contido divulgativo, informativo, deportivo e musical. A produción independente está presente con programas como Trend putovanja ou Moja Istra. O programaDomaći zvuci céntrase nas sociedades culturais e artísticas do condado de Karlovac e vídeos de artistas populares.

Coa conversión nunha canle con maior enfoque no ámbito rexional, o telexornal pasou a se denominar Dnevnik, diversificouse a programación coa emisión de programas como Europa u fokusu, revista de actualidade e divulgación europea producida pola Deutsche Welle en lingua croata [3] Život piše priče, programa que visita localidades da rexión de Eslavonia e Baranja e no que se adoita empregar a variedade local do croata[4], Privredni.hr programa de carácter económico, Novi milenij, dedicado ás novidades tecnolóxicas, o programa de entrevistas Intervju tjedna.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "KA-VISION d.o.o. - TREND TV". Agencija za Elektroničke Medije. 
  2. "Trend TV". tvprofil.com. 
  3. "Europa u fokusu". Deutsche Welle. 
  4. "Život piše priče". tvprofil.com.