Trece Clásicos

trece libros clásicos da China

Os Trece Clásicos ou Shisan jing (chinés tradicional: 十三經; chinés simplificado: 十三经; pinyin: Shísān jīng; xaponés: Jūsangyō 十三經; coreano: Sipsamgyeong 십삼경) son un conxunto de trece clásicos da tradición confuciana que constituíron a base dos exames imperiais durante a dinastía Song (960-1279), influíndo en gran parte do pensamento e a cultura de Asia Oriental.[1] Entre os Trece Clásicos atópanse os Catro Libros e Cinco Clásicos, aínda que organizados de distinto xeito, e inclúe tamén o Xiaojing e mais o Erya.

Trece Clásicos
LinguaChinés clásico
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A tradición chinesa de agrupar os clásicos data, polo menos, do período dos Reinos Combatentes (s. V. a.C.-221 a.C.), cando Confucio, segundo o relato lendario do Zhuangzi, lle dixo a Laozi: "Estudei os Seis Clásicos: as Odas, os Documentos, os Ritos, a Música, os Cambios e mais os Anais de primaveras e outonos".[2] Estas seis obras foron consideradas clásicas dende o século III a.C., aínda que o Clásico da música non sobreviviu á unificación dos Qin e foi considerado perdido dende a dinastía Han (206 a.C.-220 d.C.). Os restantes Cinco Clásicos foron, segundo a tradición, editados polo propio Confucio. Rexistros de finais dos Han e do período dos Tres Reinos (220-280) falan de Sete Clásicos, mais non os nomean individualmente. Na dinastía Tang (618-907) eran comúns as referencias a Nove Clásicos, pero os títulos concretos varían segundo a fonte. Os Clásicos de Pedra de Kaicheng (833-837) constan de doce libros (todos os Trece Clásicos, agás o Mengzi). Para a dinastía Song do sur (1127-1279), os Trece Clásicos xa estaban consolidados como os coñecemos na actualidade. Estas obras formaron parte do currículo dos exames imperiais, e os case 600 000 caracteres que as compoñen adoitaban memorizarse para aprobar.

Os Trece Clásicos son:

  1. Wilkinson 2000, p. 475-476.
  2. Lewis 1999, p. 276.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar