Tratado de Tagilde

O Tratado de Tagilde foi un tratado asinado o 10 de xullo de 1372 en Tagilde, parroquia do concello de Vizela.[1] Foi un dos acordos políticos máis importantes de Portugal. O rei D. Fernando I de Portugal asinou o chamado “pacto de Tagilde” cos delegados de Xoán de Gante, que se nomeara rei de Galiza e aspiraba ao trono de Castela polo seu matrimonio con Costanza.[2] Este acordo constituíu o primeiro fundamento xurídico do futuro tratado de alianza anglo-portuguesa, que aínda existe na actualidade.[3]

Tratado de Tagilde
TratadoAlianza diplomática
Data10 de xullo de 1372
Creación10 de xullo de 1372
LinguaOrixinalmente redactado en castelán medieval (evidenciando as pretensións ao trono da Coroa castelá do duque de Lancaster). Naquela altura a lingua do reino de Portugal era o galego-portugués e de Inglaterra o inglés medio.
FormatoManuscrito
Atopado enArquivos Nacionais do Reino Unido
SignatariosD. Fernando I de Portugal, delegados de Xoán de Gante
FunciónAlianza militar contra Henrique II de Castela e o rei de Aragón
Monumento evocador do Tratado de Tagilde

Nese pacto, Portugal comprometeuse a axudar a Xoán de Gante, duque de Lancaster, por mar e terra, contra Henrique II de Castela e/ou o rei de Aragón. O rei portugués non podería adquirir terra ningunha nos señoríos de Castela. No reino de Aragón as terras pertencían a aquel, D. Fernando ou Xoán de Gante, que primeiro os conquistase.[4]

Xunto á igrexa matriz de Tagilde, está situada dende 1953 un elegante patrón de pedra que conmemora o acto entre os dous países, daquela reinos.

Copia do tratado

editar

En 2022, a Cámara de Vizela obtivo unha copia do tratado luso-británico, cando unha delegación de Vizela, encabezada polo presidente da Cámara, Vítor Hugo Salgado, viaxou a Londres, onde visitaron os Arquivos Nacionais do Reino Unido.[5]

  1. Jornal de Notícias, Tratado de Tagilde entra no calendário []
  2. Espino, Julio E. Villarino (2017-12-10). "Os Lancaster invaden Galicia, nomean rei e fixan Ourense como capital". Historia de Galicia. Consultado o 2024-07-20. 
  3. Mohorte, Andrés P. (2016-05-25). "¿Cuáles son los tratados diplomáticos más antiguos del mundo aún en vigor?". Xataka (en castelán). Consultado o 2024-07-20. 
  4. Fernão Lopes, Crónica de el-rei D. Fernando, cap. LXVII
  5. "Vizela obteve em Londres cópia do Tratado de Tagilde". 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.