Tratado de Pinckney

O Tratado de Pinckney é un tratado entre España e os Estados Unidos. Tamén se coñece como Tratado de San Lorenzo ou Tratado de Madrid de 1795.

Historia editar

O tratado foi presentado ao Senado dos Estados Unidos o 26 de febreiro de 1796 e despois de varias semanas de debate foi ratificado o 7 de marzo de 1796. Foi ratificado por España o 25 de abril de 1796 e nesa data intercambiáronse as ratificacións. O tratado foi proclamado o 3 de agosto de 1796.

Contido editar

Definía os límites dos Estados Unidos coas colonias españolas e garantiu os dereitos de navegación dos Estados Unidos no río Mississippi. O título completo do tratado é Tratado de amizade, límites e navegación entre España e os Estados Unidos (en inglés Treaty of Friendship, Limits, and Navigation Between Spain and the United States[1]). Thomas Pinckney negociou o tratado para os Estados Unidos e don Manuel Godoy representou a España. Entre outras cousas, puxo fin á primeira fase da Controversia da Florida Occidental, unha disputa entre as dúas nacións polos límites da colonia española de Florida Occidental.

Notas editar

  1. "Pinckney's Treaty". George Washington's Mount Vernon (en inglés). Consultado o 2022-06-26. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.