Tratado de Misenum

O Tratado ou Pacto de Misenum foi un tratado para acabar co bloqueo naval da Península italiana durante a Guerra de Sicilia. O pacto foi asinado en xullo do 39 a. C.[1] entre Sexto Pompeio e os membros do Segundo Triumvirato — especificamente, Marco Antonio e Lépido e Octaviano, futuro emperador.[2]

Mundo romano no 39 a. C.

Nel se esablecía que os triunviros aceptaban que Sexto Pompeio retivese o control de Córsega e Sardeña e Sicilia e tamén lle concedían o Peloponeso. Igualmente, lle prometeron un futuro augurado e consulado para o ano 33 a. C. A cambio, Pompeio aceptou pór fin ao bloqueo de Italia, abastecer a Roma de grans e deter a súa piratería.[3]

O pacto fracasou máis tarde cando un dos triunviros, Marco Antonio, se negou a ceder o control de Acaia polo que Pompeio retomou as hostilidades contra Roma antes de ser derrotado no 36 a.C. na batalla naval de Nauloco polo xeneral republicano Marco Vipsanio Agripa.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar