Tratado de Frankfurt
O Tratado de Frankfurt foi un tratado de paz asinado o 10 de maio de 1871 na cidade de Frankfurt entre o Imperio Alemán e Francia unha vez finalizada a guerra franco-prusiana. Ratificou o Tratado de Versalles do 26 de febreiro de 1871 pactado entre Otto von Bismarck e Adolphe Thiers.
Tratado de Frankfurt | |
---|---|
![]() | |
Tipo | tratado de paz ![]() |
Data | |
Data | 7 de novembro de 1871 ![]() |
Características | |
Depositario | Imperio Alemán ![]() |
Implicados | |
Participante | Terceira República Francesa e Imperio Alemán ![]() |
Asinantes
| |
Localización | |
Localización | Frankfurt ![]() |
País | Alemaña ![]() |
Publicado en | Reichsgesetzblatt ![]() |
[ Wikidata ] |
Entre outros puntos incluíu a cesión de Alsacia, Lorena e parte dos Vosgos a Alemaña; regulou o pago da indemnización de guerra que debía cubrir Francia e recoñeceu a Guillerme I de Prusia como emperador alemán.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |