Trasgu foi un grupo de música folk avilesino (Asturias, España), creado no ano 1979. Pioneiro do folk asturiano, trátase do primeiro grupo deste estilo en Asturias que publicou un traballo discográfico, La isla de Hélice. Tamén foi o primeiro grupo que mesturaba instrumentos tradicionais acústicos con electrónicos máis modernos, como o baixo eléctrico ou os sintetizadores.

Trasgu
OrixeAvilés, Asturias , España
Período1979 - ¿?
Xénero(s)folk
MembrosHerminia Álvarez
Santiago Gutiérrez
Marcelino García
Javier Cervero
Juanjo González
Ignacio Pozo
Pepe Gamero
Na rede
Musicbrainz: 5c03e4c7-1240-4623-9064-b1c6aff4da1b Discogs: 3546614 Editar o valor en Wikidata

No ano 1982 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Membros

editar
* Herminia Álvarez Arpa, guitarra, voz
* Santiago Gutiérrez Gaita asturiana, percusións
* Marcelino García Violín, rabel, punteiro, percusións
* Javier Cervero Frauta, zanfona, punteiro e voz
* Juanjo González Piano, clave, órgano, sintetizador
* Ignacio Pozo Baixo eléctrico
* Pepe Gamero Técnico de son nos directos

Discografía

editar

Álbums

editar
* La isla de Hélice (1983)