Trachelospermum jasminoides

especie de planta

Trachelospermum jasminoides é unha especie de planta da familia Apocynaceae, orixinaria do leste e sueste de Asia (o Xapón, Corea, Vietnam e sur da China).[1]

DescriciónEditar

É unha planta leñosa de follaxe persistente, que medra ata os dez metros de alto se se terma nunha estrutura, pérgola ou calquera outra superficie vertical, xa que en ausencia desta conforma unha mata densa case globosa. Os seus talos delgados e fortes, poden alcanzar lonxitudes de ata 7m. Ten tolerancia a ambientes algo salinos.

As follas son sinxelas, opostas, ovais a lanceoladas, medindo entre 3 e 8 cm de longo e de 1,5 a 2,5 cm de ancho. Presentan unha cor verde escuro lustroso na cara e máis clara no envés.

As flores son brancas, cun diámetro de 1 a 2 cm, cunha corola en forma de tubo que se abre en 5 pétalos. Son moi perfumadas.

O froito é un folículo de 10 a 25 cm de longo, e de 3 a 10 mm de ancho que contén numerosas sementes.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Flora of China: Trachelospermum jasminoides