John Bain, nado o 8 de xullo de 1984 en Spennymoor, Inglaterra, e finado o 24 de maio de 2018, máis coñecido polos seus alcumes de TotalBiscuit, The Cynical Brit, e TotalHalibut, foi un comentarista e crítico de videoxogos, realizando o seu traballo principalmente nas plataformas de YouTube e Twitch.tv. Segundo Eurogamer, os seus vídeos sobre novos videoxogos indie e as súas análises regulares sobre novas relacionadas co mundo dos videoxogos levárono a conseguir unha considerable cantidade de seguidores.[1] O 13 de marzo de 2013 acadou o millón de subscritores na súa canle de YouTube, ocasión pola que publicou un vídeo de media hora de duración comentando diversos aspectos da súa vida.[2]

Infotaula de personaJohn Bain
Biografía
Nacemento(en-gb) John Peter Bain Editar o valor em Wikidata
8 de xullo de 1984
Spennymoor, Durham Inglaterra Inglaterra
Morte24 de maio de 2018 (33 anos)
Charlotte, Carolina do Norte
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Intestinal cancer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTotalBiscuit
The Cynical Brit
TotalHalibut Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Reino Unido
RelixiónDeísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónDe Montfort University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónComentarista de eSports, crítico de videoxogos
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés británico Editar o valor em Wikidata
Deportedesporto eletrónico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaHearthstone
Starcraft II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGenna Bain
FillosOrion
Premios

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4818913 Facebook: cynicalbrit Twitter: Totalbiscuit Youtube: UCy1Ms_5qBTawC-k7PVjHXKQ Twitch: TotalBiscuit Souncloud: totalbiscuit Musicbrainz: 22abebf5-fe6a-45c2-817e-e89ae3ed6b5a WikiTree: Bain-2611 Find a Grave: 190972512 Editar o valor em Wikidata

A principal fonte da súa popularidade foi a súa canle principal de YouTube, sendo a súa serie máis popular a titulada "WTF is...?", na que amosaba as súas primeiras impresións sobre videoxogos de nova publicación.[3] Segundo Will Porter de Eurogamer suxeriu que a súa popularidade debíase ao "ton de autoridade" da súa voz,[1] mentres que o mesmo TotalBiscuit declarou que a chave do seu éxito eran a súa honestidade e personalidade.[3] En xaneiro de 2015 Totalbiscuit converteuse no primeiro curador da plataforma Steam, cuns 400 000 seguidores.[4]

Foi nomeado nos premios Golden Joystick de 2012 na categoría de Greatest YouTube Gamer,[5] e o 5 de decembro de 2014 recibiu o premio do público nos The Game Awards na categoría "Trending Gamer".[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Porter, Will. "The cult of TotalBiscuit". EuroGamer (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  2. Bain, John. "1 Million Subscribers Vlog" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Calvin, Alex (2014-05-06). "WTF is... TotalBiscuit?" (en inglés). Consultado o 2014-10-19. 
  4. "Top Steam Curators". Steam Store (en inglés). Consultado o 2015-01-27. 
  5. "Golden Joystick Award Winners 2012" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de novembro 2012. 
  6. "The Game Awards Nominees 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar