Torres de Mens
As Torres de Mens é un castelo construído no século XV, por Lope Sánchez de Moscoso, despois das revoltas irmandiñas, sobre unha fortaleza anterior, que a súa vez se situaba sobre un antigo castro.
Torres de Mens | |
---|---|
ben de interese cultural | |
![]() | |
Concello | Malpica de Bergantiños |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636Coordenadas: 43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (?) |
Estilo actual | ? (Restaurado) |
Estado actual | Vivenda privada |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio está incluído no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural como monumento de arquitectura militar desde o ano 1994. En 1993 recibiu o premio que outorga Europa Nostra aos monumentos salvados da ruína[1][2].
Situación editar
Atópanse no lugar das Torres de Mens na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.
Historia editar
No século XX foron adquiridas por Pedro Abelenda y Díaz de Andrade, tataravó do actual propietario, Agustín Ordóñez, que foi o encargado da última rehabilitación que as transformou nunha vivenda.
Descrición editar
O conxunto está formado por unha vivenda e tres torres de planta cadrada que perderon as súas ameas, rodeadas dun recinto circular amurallado. A planta do volume principal ten forma de L, e está rematada por un turrón xirado respecto ó eixe do edificio. Nunha das esquinas do último andar, e apoiada sobre ménsulas de pedra, sobresae unha balconada de madeira. A entrada realízase por un arco oxival situado nunha das torres.
Lenda editar
Conta a tradición que existía un paso entre as Torres, a Igrexa de Santiago de Mens e a praia de Seiruga. O conde tiña presa no castelo a unha moza do pobo. Os paisanos atacaron o castelo pero o conde, ó verse rodeado, fuxiu polo pasadizo. Os aldeáns entón prendéronlle lume ás tres bocas do túnel impedíndolle deste xeito a fuxida. Tamén se conta que desde entón o millo e o trigo sementado nas proximidades do túnel marelece máis cedo.
Galería de imaxes editar
Notas editar
- ↑ www.hispanianostra.es Arquivado 24 de decembro de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Páxina do concello de Malpica de Bergantiños con datos sobre as Torres
- Páxina da Deputación da Coruña con información sobre as Torres
- Decreto 12/2000, de 10 de enero, por el que se delimita el entorno de protección de las Torres de Mens, en el Ayuntamiento de Malpica de Bergantiños, provincia de A Coruña.