Torre de Balbén
A torre de Balbén, ou torre de Valbén,[1] é un pazo do século XVIII situada no lugar de Balbén da parroquia de Vigo, do concello de Carral. En 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural.
Torre de Balbén | |
---|---|
Concello | Carral |
Provincia | A Coruña |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 43°14′26″N 8°18′49″O / 43.240576, -8.313496 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarMandouna construír Pedro de Ponte, quen estaba casado con María de Omaña. Alí naceu o seu fillo Sebastián Vicente. A última propietaria foi María Jesús Etcheverría, de orixe vasco-francesa.
Descrición
editarTen dúas entradas, unha dianteira e outra traseira, e está constituído por numerosas ventás (20 aproximadamente). Ten tres balcóns, un na parte dianteira, outro na traseira e outro no lateral. A carón do balcón dianteiro ten un escudo. Na entrada ao pazo hai unhas escaleiras, e logo un camiño de pedra antes de chegar á porta da entrada. A construción está rodeada de arbustos, e ten un amplo xardín con árbores froiteiras, como nogueiras, castiñeiros ou maceiras. O recinto está rodeado por un muro de pedra.
Actualmente atópase en bo estado.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Balbén |
Bibliografía
editar- Martínez-Barbeito, Carlos (1978): Torres y Pazos de La Coruña. Deputación da Coruña.
- García Iglesias, José Manuel (2001): Guía dos Pazos de Galicia. A Coruña. Editorial Galaxia.
Ligazóns externas
editar- Descrición do pazo e localización, na web de Turgalicia.
- "La casa da «Fonte Quintá» en San Esteban de Cos", artigo de José Francisco Saavedra Rodríguez no Anuario Brigantino nº 32, 2009.
- ↑ "Ficha da torre de Balbén no Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de agosto de 2020.