Torre Nabemba

rañaceos de Brazzaville, na República do Congo

A Torre Nabemba (en francés: Tour Nabemba), coñecida tamén como Torre Elf, é un rañaceos de oficinas da cidade de Brazzaville, na República do Congo. Atópase no sur da cidade, a carón do río Congo. Con 106 metros e 30 andares é o máis alto edificio da República do Congo.[1] Leva o nome na honra do Monte Nabemba, a montaña máis alta do país.[2] A torre foi construída con fondos prestados da compañía petroleira francesa Elf Aquitaine.[1]

Torre Nabemba
Coordenadas4°16′20″S 15°17′21″L / -4.27212, 15.2891Coordenadas: 4°16′20″S 15°17′21″L / -4.27212, 15.2891
editar datos en Wikidata ]

A torre foi deseñada por Jean Marie Legrand durante un plan de cinco anos do goberno e foi construída entre 1983 e 1986. Varios ministerios e ONGs teñen a súa sede no edificio, como a Iniciativa Africana de Auto Desenvolvemento, o Novo Padroado para o Desenvolvemento Africano ou a UNESCO.[3] A Torre Nabemba foi inaugurada polo presidente Denis Sassou Nguesso o 3 de febreiro de 1990.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Clark, John F.; Decalo, Samuel (9 de agosto de 2012). Historical Dictionary of Republic of the Congo. Scarecrow Press. p. 305. ISBN 978-0-8108-7989-8. 
  2. 2,0 2,1 AED: Africa Economic Digest. MEED Limited. 1990. p. 9. 
  3. "Where rich and poor collide". Bdonline. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado o 6 de novembro de 2016.