Abrir o menú principal

Torre Montparnasse

rañaceos de París

A torre Montparnasse, tamén coñecida coma torre Maine-Montparnasse é un rañaceos parisién, situado na Avenida de Maine Nº 33 e construído polo arquitecto Roger Saubot. É o segundo rañaceos máis alto de Francia con 210 metros de altura.

Torre Montparnasse
Tour montparnasse view arc.jpg
Edificio
EnderezoAvenida de Maine Nº 33
LocalizaciónParís, Bandeira de Francia Francia
Uso(s)Oficinas
Construción
Inicio1969
Construción1972
Dimensións
Altura da última planta210 m
Plantas59
Superficie por planta90 000 m²
Equipo
Arquitecto(s)Saubot, Beaudouin, Cassan e de Marien

A renovación da torre AXA en La Défense quitoulle o primeiro posto, ao culminaren os traballos de comezos de 2011, cunha altura de 220 metros.[1]

Índice

Historia e descriciónEditar

Construíuse entre 1969 e 1972, sobre o emprazamento da antiga estación Montparnasse e foi inaugurada en 1973; a estación Montparnasse actual atópase fronte a torre, un pouco máis ao sur. A tour Montparnasse mide 210 metros de altura e conta con 59 andares (incluída a terraza). Un restaurante ocupa o andar 56º. As varandas da terraza pódense desmontar en 120 segundos para transformala nunha plataforma de aterraxe de helicópteros. As oficinas ocupan 52 andares e unha superficie total de 90.000 m2. 5.000 persoas traballan alí por termo medio.

O panorama que se pode ollar dende o andar 56º e dende a terraza (ambos os dous abertos ao público) fan dela unha atracción turística que recibe aproximadamente a 600.000 visitantes ao ano.

A torre Montparnasse atópase no seo dun conxunto inmobiliario que comprende un centro comercial, unha tenda das Galerías Lafayette, así coma outras torres máis pequenas.

A presenza de amianto nalgúns lugares da torre, especialmente nos andares 15, 42, 57 e 58, foi revelada en marzo de 2005. Esta polución cómpre dunha limpeza coidadosa, por mor do grave risco para a saúde dos seus ocupantes.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. http://www.ladefense.fr/projets_projets.php EPAD La Défense (en francés)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar