La Défense é un distrito de negocios de París situado ó oeste da cidade, no departamento do Altos do Sena. O distrito pertence a tres municipalidades: Nanterre, Courbevoie e Puteaux. O seu nome provén do monumento dedicado á la Défense de Paris en honra ós soldados franceses que defenderon París durante a guerra franco-prusiana de 1870 e que se inaugurou en 1883. O distrito componse esencialmente de rañaceos de oficinas conectados por unha inmensa explanada (Le Parvis) de 31 hectáreas dedicada ós peóns, nel viven ou traballan 300.000 persoas. Actualmente é o distrito de negocios máis importante de Europa.

Vista de La Défense

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar