Torrecerredo
Coordenadas: 43°11′53″N 4°51′04″O / 43.198055555556, -4.8511111111111
Torrecerredo | |
---|---|
O Torrecerredo desde a Torre de la Párdida; ao fondo a Peña Santa. | |
Elevación: | 2.648 m.s.n.m. |
Coordenadas: | 43°11′51″N 4°51′6″O / 43.19750, -4.85167 |
Localización: | Asturias, Castela e León (España) |
Cordilleira: | Picos de Europa, Cordilleira Cantábrica |
Primeira acensión: | 30 de xuño de 1882 |
Rota máis fácil: | Jou de Cerredo |
O Torrecerredo ou Torre de Cerredo (en asturiano, Torrecerréu) é unha montaña española que con 2.648 metros sobre o nivel do mar constitúe o cume cimeiro dos Picos de Europa, da Cordilleira Cantábrica e máis do noroeste da Península Ibérica, e por suposto tanto de Asturias como da Comunidade de Castela e León.
Situación editar
O Torrecerredo ou Torre de Cerredo érguese no Macizo Central dos Picos de Europa ou macizo dos Urrieles, na divisoria das provincias de Asturias e León. O seu cume, cun desnivel de máis de 2.200 metros sobre do río Cares, permite unhas fermosas vistas do macizo occidental e dos leitos que verquen sobre da garganta do Cares.
Ascensións editar
O pico foi escalado por primeira vez por Aymar d'Arlot de Saint Saud, Paul Labrouche, Juan Suárez, de Espinama, e máis François Salles, de Gavarnie, o 30 de xuño de 1882.
A vía máis fácil de ascensión arrinca desde Jou de Cerredo e está catalogada como Pouco Difícil Inferior. No último tramo, duns 200 metros, ten unha aproximación sinxela, para a cal non é precisa nin material de escalada. As dúas rutas de aproximación máis empregadas parten desde os próximos refuxios de Jou de los Cabrones e da Vega de Urriellu.