O río Cares é un curso fluvial do norte da Península Ibérica, que corre por León e Asturias; é afluente do Deva no que verte as súas augas despois de 54 km de percorrido.

Río Cares
PaísEspaña España
NacementoPosada de Valdeón
León
Altitude1600 m
Lonxitude54 km
DesembocaduraRío Deva
Picos de Europa: ao fondo está o lugar de Caín e a garganta do río Cares.

Curso editar

O Cares nace da unión de varios regatos en Posada de Valdeón, León, na Cordilleira Cantábrica, a 1.600 m de altitude. O sentido da súa corrente é sur-norte inicialmente, formando unha espectacular garganta entre o territorio leonés e o asturiano, pola que pasa a ruta do Cares. O Cares separa un macizo dos Picos de Europa, o Cornión de los Urrieles e, máis a leste, o seu afluente o Duje sepáraos do Macizo de Ándara. Logo de cortar os Picos de Europa, vaise curvando cara ao oeste, obrigado polo Cordal de Cuera, paralelo á liña da costa cantábrica, até encontrarse co Deva en Vega de Llés, á altura da localidade asturiana de Panes (Penamellera Alta). Dos 54 km do río, 19 transcorren en territorio leonés e o resto, 35, por terras asturianas.

Afluentes editar

Os tributarios principais do Cares son os ríos Bulnes, Duje e Casaño.

Poboacións que atravesa editar

Posada de Valdeón e Caín en León; Poncebos e Arenas de Cabrales e Asturias.

Explotación antrópica editar

Ten dous encoros , a central eléctrica de Camarmeña a outro en Poncebos. É ademais un importante río salmoneiro.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar