Arenas de Cabrales
Las Arenas (coñecida tamén como Arenas de Cabrales ou simplemente Arenas) é unha vila e parroquia do concello de Cabrales (Asturias, España). Ten unha poboación de 853 persoas (INE 2007) e unha densidade de poboación de 42,33 hab/km². Dista 3 km de Carreña, a capital do concello.
Arenas de Cabrales | |
---|---|
![]() Arenas de Cabrales | |
Concello | Cabrales |
Coordenadas | 43°18′21″N 4°49′21″O / 43.3059152, -4.82252849Coordenadas: 43°18′21″N 4°49′21″O / 43.3059152, -4.82252849 |
Área | 42,33 km² |
Poboación | 853 hab. (2007) |
Densidade | 20,15 hab./km² |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lugares de intereseEditar
A igrexa de Santa María de Llas é unha pequena igrexa cualificada de patrimonio histórico-artístico que foi recentemente reacondicionada. A súa portada é románica, así como algúns outros elementos. Consta dunha nave principal e dúas pequenas capelas laterais. Dispón dun pórtico exterior do século XVIII. Como é frecuente na zona, ao seu lado vive un ancestral teixo.