Torre Annunziata

comuna italiana

Torre Annunziata (napolitano: Torr'Annunziata) é unha cidade e comuna na Cidade metropolitana de Nápoles, na rexión de Campania en Italia. Está situada no Golfo de Nápoles ao pé do monte Vesuvio.

Torre Annunziata
Torre Annunziata
Torre Annunziata - view from the port.jpg
Panorama de Torre Annunziata
Localización
40°45′N 14°27′L / 40.750, -14.450
PaísItalia Italia
RexiónCampania
Xeografía
Altitude9 m. msnm
Superficie7´54 km² km²
Demografía
Poboación42.406 hab. (1-1-18)
Densidade5.600 hab./km²
Outros datos
Código postal80058
AlcaldeVincenzo Ascione
Páxina oficial

HistoriaEditar

Véxase tamén: Oplontis.

A cidade resultou destruída na erupción do Vesubio do 79 d.C. e en 1631. É coñecida localmente no dialecto napolitano como "Torre Nunziata".[1] A cidade foi a sede de importantes industrias do siderometalúrxica de procesado de alimentos e pasta. Hoxe en día as industrias aínda activas inclúen naval, armamento e farmacéutica.

O sitio arqueolóxico de Oplonti é Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1997.

Áreas arqueolóxicas de Pompeia, Herculano e Torre Annunziata
 
Caldarium de Villa Oplontis.
[[Ficheiro:
 
Torre Annunziata
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Italia
TipoCultural
CriteriosIII, IV, V
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador829

XeografíaEditar

Torre Annunziata limita cos municipios de Boscoreale, Boscotrecase, Castellammare di Stabia, Pompei, Torre del Greco e Trecase.

Principais atracciónsEditar

Na Táboa de Peutinger, Torre Annunziata chámase Oplonti.

No territorio comunal, excavouse unha das vilas romanas máis ricas. Datada no século I a.C., probablemente pertencía á gens Poppaea,, e coñécese como Vila Poppaea.

 
Areas arqueolóxicas de Pompeia, Herculano e Torre Annunziata.

DialectoEditar

Aínda que é unha cidade relativamente pequena, esencialmente un suburbio de Nápoles, Torre Annunziata ten o seu propio dialecto único, unha variación do napolitano, bastante distinta, especialmente na pronunciación, que se coñece como Torrese.

NotasEditar

  1. nap:Torre Nunziata Torre Nunziata, nap.wikipedia]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar