Abrir o menú principal
Torpedo no exterior do Museu do Expedicionário.
Curitiba, Estado do Paraná, Brasil.

Un torpedo moderno é un proxectil autopropulsado que se despraza por debaixo da auga estando deseñado para detonar na proximidade ou en contacto cun obxectivo.[1]

Índice

EtimoloxíaEditar

A palabra torpedo é de orixe latina. En tempos do Imperio romano, o torpedo era o nome de certos peixes capaces de causar choques eléctricos para defendérense, como o peixe gato da conca do Nilo ou a raia eléctrica, tamén chamada 'peixe torpedo'.[2] Como eses choques podían deixar atontadas ás súas vítimas, xurdiu no propio latín a nova palabra torpedo co sentido de 'atontamiento' ou 'entorpecemento', derivada do verbo torpere 'agarrotarse', 'quedar paralizado'.[3]

HistoriaEditar

A principios do século XIX denominábase torpedo a calquera artefacto explosivo mariño, destinado a afundir un barco; eran cargas explosivas estáticas. O seu inventor foi o estadounidense Robert Fulton, que desenvolveu un artefacto mecánico que estalaba ao facer contacto cun barco, e ao que chamou torpedo, porque lle recordaba aos peixes do mesmo nome (os torpediniformes).[3] Actualmente estes artefactos son as denoiminadas minas mariñas e foron moi utilizadas a partir da Guerra de Secesión.

Pero foi o enxeñeiro británico Robert Whitehead quen inventou o torpedo como arma con movemento propio, impulsado por un dispositivo de aire comprimido que lle permitía desprazarse a sete quilómetros por hora.

A utilización de torpedos incentivou o desenvolvemento dun novo tipo de embarcación lixeira para o seu uso, que se coñece como lancha torpedeira.

Torpedos actuaisEditar

 
Lanzamento dun torpedo lixeiro Mark-46 desde un tubo lanzatorpedos dun buque de guerra.

Un torpedo actual, como o Mark-48, contén o equivalente a 550 kg de TNT.

Este explosivo ve maximizado o seu efecto cando o artefacto estala baixo a quilla do obxectivo, en lugar de golpealo lateralmente.

Cando a detonación ocorre baixo a quilla, a onda de presión resultante eleva o navío, e pode romper a súa quilla no proceso.

Cando o navío descende novamente, recibe novos efectos destrutivos cando a explosión en si mesma atravesa a área previamente danada.

O efecto destrutor combinado adoita partir pola metade obxectivos pequenos, e danar severamente buques de máis desprazamento.

NotasEditar

  1. torpedo, 2ª acep., no dicionario da RAG.
  2. torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 torpedo en elcastellano.org (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar