Tomo Miličević

músico estadounidense

Tomislav Miličević, nado en Saraxevo o 3 de setembro de 1979, é un músico de Bosnia e Hercegovina. É guitarrista e teclista ocasional da banda 30 Seconds to Mars. É o irmán máis novo da modelo e actriz Ivana Miličević.

Infotaula de personaTomo Miličević

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Saraxevo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDetroit Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAthens High School (en) Traducir
Oakland Community College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista , compositor de cancións , guitarrista , músico , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e violín Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoImmortal Records Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsIvana Miličević (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2430595 Facebook: TomoFromEarth1111 Twitter: tomofromearth Instagram: tomofromearth Musicbrainz: 9aefdc6e-d6b5-4c66-9717-484abfc65dab Discogs: 1651672 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de orixe croata, pero pasou a maior parte da súa vida nos Estados Unidos, xa que os seus pais, Tonka e Damir Miličević, emigraron a Detroit, Míchigan, na procura dunha vida mellor. Ademais da súa irmá Ivana, tamén ten un irmán máis novo chamado Filip.

Tomo comezou a tocar o violín á idade de 3 anos. O seu tío, Bill Miličević, é violinista profesional e mestre na escola de música de Míchigan. Na adolescencia descubriu o rock, sendo o Nevermind de Nirvana o primeiro disco que mercou cos seus cartos, e máis tarde a súa irmá Ivana levouno a ver Nirvana en directo, o que sería o seu primeiro concerto de rock.

Coa axuda do seu pai fabricou unha guitarra, que anos máis adiante usaría para gravar o tema "A Modern Myth" do segundo álbum de 30 Seconds to Mars, A Beautiful Lie. Dende o 2000 ao 2002 tocou nunha pequena banda de Míchigan chamada Morphic, e unha vez disolto o grupo decatouse grazas a Shannon Leto, a quen coñecía dende anos antes, de que 30 Seconds to Mars buscaba guitarrista trala saída de Solon Bixler. Realizou unha audición e consguíu entrar a formar parte do grupo no ano 2003.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar