Tomas Folke Jonas Ledin, nado en Östersund o 25 de febreiro de 1952, é un cantante, compositor, guitarrista e produtor musical sueco .

Infotaula de personaTomas Ledin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Tomas Folke Jonas Ledin Editar o valor em Wikidata
25 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Q10658490 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , produtor musical , compositor de cancións , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPolar Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de abril de 1980Festival Eurovisão da Canção 1980 (pt) Traducir
1980Melodifestivalen 1980 (en) Traducir
1979Melodifestivalen 1979 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarie Ledin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webtomasledin.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0496591 Facebook: tomasledin Youtube: UCtbTdnSP2udeLuD7I5ei2xQ Souncloud: tomas-ledin-official Spotify: 518rTAIFPwQjLUSi4Pdzzn iTunes: 14292336 Last fm: Tomas+Ledin Musicbrainz: a3534292-7820-48df-8a9c-6b363aff43ed Songkick: 563033 Discogs: 205002 Allmusic: mn0000978934 WikiTree: Ledin-5 Deezer: 78226 Genius: Tomas-ledin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ledin criouse en Rätan, Hölö e Sandviken, o seu pai era mestre de preescolar. Estivo nos Estados Unidos como alumno de intercambio e á volta á Suecia rexeitou realizar o servizo militar, influído pola reacción á Guerra de Vietnam do movemento pacifista norteamericano e as letras de Bod Dylan[1] e obtivo a exención.  Ledin comezou a súa carreira musical en 1972 co seu primeiro sinxelo, "Då ska jag spela", que se converteu nun grande éxito, seguíndolle outras cancións populares como "Blå, blå känslor" (1973), "Knivhuggarrock" (1975), "Festen har börjat" (1976) e "I natt är jag din" (1977). Participación na montaxe sueca do musicalGospell en 1975. En 1979 Benny Andersson de ABBA ofreceulle gravar para a compañía do grupo, Polar Music, uníndose ao grupo na súa xira 1979-1980 como corista, pero tamén puido cantar unha composición propia, "Not Bad at All". Tomas Ledin apareceu tamén no DVD ABBA Live e no vídeo Super Trouper.

 
Tomas Ledin en 1980 como representante sueco en Eurovisión

En 1980 gañou o Melodifestivalen que determinaba o representante sueco no Festival de Eurovisión dese ano coa canción "Just nu!", logrando o décimo posto, pero a canción chegou ao número un da lista sueca[2] e na súa versión en inglés "Right Now!" foi tamén un éxito en Grecia e Portugal.

En 1982 gravou con Agnetha Fältskog de ABBA a canción "Never Again" que foi popular en Europa, realizando tamén unha versión en castelán, "Ya nunca más" que foi número un en Chile. Ledin compuxo "Take Good Care of Your Children" que Fältskog gravou en 1983 para o álbum Wrap Your Arms Around Mee "I Got Something" para Anni-Frid Lyngstad de ABBA que incluíu no álbum Something's Going On (1982).

 
Tomas Ledin actuando no Festival de Eurovisión

Na década de 1980 consolidada a súa fama en Escandinavia, realizou xiras por Alemaña e os Países Baixos en 1982 e en 1983 actuou diante 60.000 persoas en Berlín xunto con outros cantates internacionais, pero non logrou acadar a mesma fama no resto de Europa. En 1984 puxo fin á súa carreira musical e comezou a traballar como produtor da compañía discográfica da súa dona, Record Station, producindo artitas con éxito como Pugh Rogefeldt e Magnus Uggla. En 1985 organizou en Gotemburgo con Mikael Wiehe e Tommy Rander un concerto para o Congreso Nacional Africano con varios artitas suecos.

En 1988 Tomas Ledin volveu compoñer de novo, escribindo cancións en inglés. Lanzou o álbum Down on the Pleasure Avenue que non logrou éxito ningún e Ledin volveu ao sueco logrando en 1990 un novo éxito co álbum Tillfälligheternas spel, converténdose desde aquela un dos artitas con máis vendas en Suecia. En 1991 organizou o Rocktåget, unha xira na que participan artitas suecos de rock e pop por todo o país e que desde entón segue a se celebrar.

En 2000 vendeu 260.000 discos en Suecia do seu álbum Festen har börjat (samlingsalbum), o que significaron tres discos de platino, logrando tamén por vez primeira un disco de ouro en Finlandia. No ano 2002 realizou unha gran xira por Escandivavia con 27 concertos en Suecia e 8 nos outros países, ao que acudiron unhas 250.000 persoas.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbums en directo editar

  • 1978 – Tagen på bar gärning
  • 1985 – En galen kväll
  • 2003 – I sommarnattens ljus
  • 2006 – Ledin Live 2006

Álbums recompilatorios editar

  • 1977 – 71–73
  • 1980 – Korten på bordet
  • 1990 – Ett samlingsalbum
  • 1997 – Sånger att älska till
  • 2000 – Vuodet 1972–2000
  • 2001 – Festen har börjat
  • 2012 – 40/40

EP editar

  • 2011 - Tolkningarna

Sinxelos editar

  • 1972 – Då ska jag spela
  • 1972 – Lay Me Your Body Down
  • 1977 – Minns du Hollywood
  • 1979 – Det ligger i luften
  • 1979 – Vi ska gömma oss i varandra
  • 1979 – Not Bad at All
  • 1980 – Just nu!
  • 1980 – Open Up!
  • 1981 – Sensuella Isabella
  • 1982 – Kärleken är som en studsande boll
  • 1982 – Sommaren är kort
  • 1982 – Never Again
  • 1983 – What Are You Doing Tonight?
  • 1983 – Det finns inget finare än kärleken
  • 1984 – Don't Touch That Dial
  • 1984 – Everybody Wants to Hear It
  • 1985 – Svenska flickor
  • 1988 – Who's That Lucky Guy
  • 1988 – The Only One
  • 1988 – Crazy About You
  • 1990 – En samlingsmix
  • 1990 – En del av mitt hjärta
  • 1990 – Hon gör allt för att göra mig lycklig
  • 1990 – Här kommer den nya tiden
  • 1991 – Snart tystnar musiken
  • 1991 – En dag på stranden
  • 1993 – Släpp hästarna fria
  • 1993 – Du kan lita på mig
  • 1993 – En vind av längtan
  • 1993 – Nyckeln till dej
  • 1996 – Lika hopplöst förälskad
  • 1996 – Varje steg för oss närmare varann
  • 2000 – Hopp (om en ljusare värld)
  • 2002 – En lång väg tillsammans
  • 2002 – Helt galen i dig
  • 2003 – En man som älskar
  • 2004 – Vem kunde ana
  • 2006 – Gilla läget
  • 2006 – Vi är på gång – VM 2006
  • 2009 – Håll ut
  • 2009 – 500 dagar om året
  • 2012 – Too Many Days
  • 2012 – As One
  • 2013 - Hammarn unner bönninga

DVD editar

  • 2003 – Ledin: Just då! (DVD)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar