Tomás Regueiro Cacheiro

político español

Tomás Regueiro Cacheiro, nado en Abegondo o 19 de marzo de 1943[1], é un político galego.

Tomás Regueiro Cacheiro
Nacemento19 de marzo de 1943
 Abegondo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi elixido único representante do CDS no concello de Abegondo nas eleccións municipais de 1991. En xuño de 1991 apoiou xunto co PP e a CNG a investidura como alcalde de José Antonio Santiso Miramontes, tamén único concelleiro dunha das forzas representadas no pleno, a UMI.

En xuño de 1992, Tomás Regueiro pasa a ser alcalde[2], tras prosperar unha moción de censura[3] contra José Antonio Santiso.

Permaneceu no posto até maio de 1995, ano no que deixou a alcaldía ao non superar unha moción de censura presentada na súa contra polo anterior alcalde José Antonio Santiso[3], agora integrado no PP, e apoiada por un concelleiro socialista[4].

Tomás Regueiro foi tamén Xuíz de Paz do concello[5] e presidente do club de fútbol San Tirso Sociedad Deportiva[1].


Predecesor:
José Antonio Santiso Miramontes
  
Alcalde de Abegondo
 
1992 - 1995
Sucesor:
José Antonio Santiso Miramontes

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Hoy cumplen años. www.elcorreogallego.es, 19/03/2015 (en castelán).
  2. Un conductor circuló 15 años con un permiso municipal. www.laopinioncoruna.es, 22/08/2008 (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Santiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura. www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 (en castelán).
  4. APdA sospecha que Santiso tiene un pacto encubierto con el PSOE. www.elidealgallego.com, 19/12/2011 (en castelán).
  5. La elección del juez de paz divide al gobierno de Abegondo Arquivado 06/07/2015, en Wayback Machine.. www.lavozdegalicia.es, 08/03/2007 (en castelán).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar