Titie Said
Sitti Raya Kusumowardani, nada en Bojonegoro (Jawa Timur)[1] o 11 de xullo de 1935 e finada en Iacarta o 24 de outubro de 2011, foi unha xornalista[2] e escritora indonesia[1] en lingua malaia, coñecida co pseudónimo de Titie Said.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1935 ![]() Bojonegoro, Indonesia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 24 de outubro de 2011 ![]() Iacarta, Indonesia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Indonesia ![]() |
Educación | Universidade da Indonésia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora , xornalista ![]() |
Lingua | Lingua indonesia ![]() |
Traxectoria
editarEstudou en Malang[3] e na Universidade de Indonesia.[1] En 1958 comezou a traballar como xornalista nunha revista feminina. Foi editora das revistas Kartini e Famili.[2] Dirixiu o Servizo Indonesio de Censura no Cinema en dúas etapas, de 2003 a 2006 e de 2006 a 2009.[1]
Escribiu máis de 25 novelas, entre elas Jangan Ambil Nyawaku ("Non tomes a miña vida"), Reinkarnasi ("Reencarnación"), Fatima, Ke Ujung Dunia ("Ata a fin do mundo") e Prahara Cinta ("Tempestade de amor"). Varios dos seus libros foron levados ao cinema.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Senior novelist Titie Said dies". Jakarta Post. 24 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sabarini, Prodita (29 de marzo de 2011). "Titie Said: Writing with passion". Jakarta Post.
- ↑ Miller, Jane Eldridge (2002). Who's who in Contemporary Women's Writing. pp. 286–87. ISBN 0415159814.