Tiracroios

pequena arma portátil que se emprega para lanzar proxectís
(Redirixido desde "Tiracoios")
Tiracroios.

Un tiracroios,[1] tamén chamado tirapedras,[2] tiracoios[3] ou tiratacos,[4] é unha pequena arma portátil que se emprega para lanzar proxectís. A forma clásica está formado por un marco xeralmente de madeira ou ferro en forma de Y chamado gallada por ter dous gallos, termado na man non dominante, no cal se dispoñen dúas ligas grosas de caucho atadas ás puntas superiores. As ligas sosteñen unha base de coiro, tea ou plástico, chamada badana, onde se sitúa o proxectil a tirar. A man dominante toma o proxectil a través da base, estirándoo tanto como se desexe para proporcionar potencia ó proxectil.

Emprego militarEditar

Os tiracroios poden ser usados como armas militares, principalmente por forzas de guerrilla polos poucos recursos e tecnoloxía que se precisan para construír un. Entre os grupos de guerrilla que o empregaron está o Irish Republican Army. Antes da invasión de Iraq de 2003, Saddam Hussein lanzou vídeos de propaganda amosando os tiracroios como posible arma da insurxencia e para loitar contra as forzas invasoras.[5]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiracroios.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tirapedras.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiracoios.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiratacos.
  5. Shane, Scott (24 de novembro de 2006). "In Video, Hussein Uses Slingshots and Bows to Rally Iraqis for War". The New York Times. Consultado o 21 de decembro de 2009. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar