Tino Álvarez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Faustino Álvarez Pena, nado en Mugardos o 27 de outubro de 1947, é un músico e cantante galego, máis coñecido como
Tino Álvarez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1947 (77 anos) Mugardos, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Membro de |
Traxectoria
editarTraballou nos estaleiros da ría de Ferrol até comezos da década de 1990. Nese tempo participou activamente no movemento sindical nacionalista. Ao longo desta etapa, cursou estudos universitarios en Santiago de Compostela e Alcalá de Henares. É socio fundador dunha sociedade mercantil adicada ao campo do asesoramento.
Exerceu, un tempo, a dirección no progarma de Escolas Obradoiro, así como a dirección na empresa privada.
No ano 1969, da man de Vicente Araguas, toma contacto con Voces Ceibes. En Nadal dese ano participou nun festival en Mugardos. En xullo de 1970, despois de participar en diferentes concertos, entre eles Ribadeo e Perlío (Fene), deixou de tocar. Retomou as actuacións en 1976, e deixouno de forma definitiva en setembro do 1981 tras unha actuación en Neda.