Tim Alexander
Tim "Herb" Alexander, nado en Cherry Point (Carolina do Norte) o 10 de abril de 1965, é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda Primus.[1] Tim tocou na meirande parte da discografía do grupo, incluídos algúns dos seus álbums máis coñecidos como Frizzle Fry (1990), Sailing the Seas of Cheese (1991), Pork Soda (1993) e Tales from the Punchbowl (1995). Alexander estivo na banda en tres momentod; inicialmente deixou Primus en 1996 e regresou en 2003, antes de marchar novamente en 2010 e regresar en 2013.
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1965 (59 anos) Marine Corps Air Station Cherry Point, Estados Unidos de América (en) |
Outros nomes | Herb |
Actividade | |
Ocupación | batería, músico |
Período de actividade | 1985 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Metal alternativo |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Prawn Song Records (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | timalexander.org |
Aínda que Alexander ten afirmado estar inspirado inicialmente para tocar a batería por lendarios músicos como John Bonham, Neil Peart e Shaun O'Connor, o guitarrista de Primus Larry LaLonde asegura que o seu xeito de tocar está máis influenciado pola música African Jùjú.
Fóra de Primus, Alexander tocou en varios proxectos co líder de Tool Maynard James Keenan, incluídas as bandas Puscifer e A Perfect Circle, e tamén tocou no grupo de artes escénica teatrais Blue Man Group. Alexander ten sido loubado pola súa forma de tocar "polirrítmica".[2][3]
Traxectoria
editarAntes de unirse a Primus tocou e gravou con Major Lingo, unha banda se ska cunha lap steel guitar como instrumento principal. Cando Major Lingo xirou pola Bay Area Tim coñeceu aos membros de Primus e fixo unha proba coa banda.
Despos de que Alexander deixase o grupo, formou o seu propio proxecto, Laundry, coa que editou dous álbums, Blacktongue e Motivator. Alexander tamén colaborou co baixista experimental Michael Manring e co guitarrista Alex Skolnick para formar o grupo Attention Deficit.
Alexander foi o primeiro batería de A Perfect Circle, realizando os primeiros concertos coa banda, e gravando o tema "The Hollow" no seu álbum de estrea, Mer de Noms. Aparece tamén como membro no DVD/CD aMOTION.
Alexander uniuse ao grupo teatral Blue Man Group, e ocasionalmente tocou coa banda de Las Vegas Uberschall.
A pesar de ser principalmente coñecido polo seu traballo como batería, Alexander tamén é un hábil guitarrista e vocalista. Tocou a guitarra ao vivo co grupo Born Naked e fixo labores de vocalista no segundo álbum de Laundry e na súa xira de promoción.
Alexander estivo involucrado nun novo proxecto entre os anos 2008 e 2009. Este coñeceuse co nome Into The Presence e interpretaba cancións de Luis Carlos Maldonado. O seu álbum de estrea foi lanzado a través do selo Razor and Tie Records e conta coa colaboración da baixista Paz Lenchantin e a súa irmá, a chelista Ana Lenchantin.
Na actualidade Alexander está envolto co proxecto de Maynard James Keenan Puscifer. Xirou coa banda e aparece nas súas gravacións máis recentes.
Notas
editar- ↑ "Primus Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-10.
- ↑ Woods, Karen (2003-11). Primus. Spin (en inglés).
- ↑ Weingarten, Christopher R (2003-11). In My Room. New Music Monthly (en inglés) (CMJ Network, Inc.).