Thomas de Castro, nado c. 1621/1626 en Divar (Goa, India portuguesa) e finado o 16 de xullo de 1684/1689, foi un eclesiástico católico indio.

Thomas de Castro
Bispo da Igrexa católica latina

Traxectoria editar

Naceu arredor de 1621/1626[1] na illa de Divar, na Goa baixo soberanía portuguesa.[2] De casta brahmana,[2][3] foi levado a Roma polo seu tío Matheus de Castro, e alí entrou na congregación dos teatinos.[2][4] Durante a súa estancia en Roma foi profesor de Filosofía e Teoloxía e mestre de novizos.[2]

Foi elixido para evanxelizar na India, nomeado e consagrado bispo titular de Fulsivelem en 1671.[2][4] Foi nomeado polo papa Clemente X vigairo apostólico para os reinos de Cochín, Tanur, Madurai, Kodungallur, Kannur, Mysore e Gingee e a costa do Canará (costa do actual estado de Karnataka).[2][3][4] Foi tamén inquisidor xeral na rexión.[2] O seu nomeamento provocou un conflito entre a Congregación para a Propagación da Fe e as autoridades portuguesas que mantiñan o sistema de padroado.[3][5]

Para evitar aos portugueses, que non aceptaban o nomeamento dun nativo, viaxou por terra a través de Siria e Mesopotamia.[3] Tres anos máis tarde, en 1674, chegou á India. Levou a cabo unha labor misioneira intensa, tendo como sé Mangalore.[3] Como vigairo tivo conflitos de xurisdición co arcebispo de Goa Antonio Brandão.[2] As autoridades tentaron prohibir aos cristiáns do Kanara recibir os sacramentos das súas mans ou das dos seus sacerdotes se o vigairo de Castro non recoñecía a xurisdición do arcebispo na rexión.[3] De Castro respondeu excomungando a aqueles que recibisen os sacramentos dos misioneiros suxeitos ao padroado.[3]

Finou no Kanara, o 16 de xullo de 1689, aos 63 anos.[2][4]

Notas editar

  1. As diferentes fontes dan a súa morte aos 63 anos, en 1684 ou en 1689.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 de Abreu, Miguel Vicente (1874). Noção de alguns filhos distinctos da India portugueza que se illustraram fora da patria. Nova Goa: Imprensa Nacional. pp. 70-71. Thomaz de Castro sobrinho do bispo D. Matheus de Castro, tambem natural da minha aldea Divar, bramane, que o acompanhou em tenra idade á Roma e aonde entrou na ordem dos clerigos regulares da divina providencia e ahi ocupou os cargos de lente de philosophia e theologia e mestre dos noviços.— Eleito para vir missionar na India foi nomeado prefeito no convento dos seus religiosos em Roma pelo santo padre, elevado a bispo de Fulsivelem e sagrado em 1671.— Tres annos depois chegou á India como vigairo apostolico e inquisidor geral;— entrou no Canará em 1677 e esteve em lucta aberta com o arcebispo de Goa D. Frei Antonio Brandão acerca das questões da jurisdicção [...] Chegou a India em 1674, com os titulos de vigairo apostolico nos reinos de Cochim, Tanor, Ginge, Maduré Moinsur, Cranganor, Cananor e toda a costa do Canará, com o cargo de inquisidor geral nella, e fundador da sua missão [...] e veio a fallecer em Canará, aonde residia, aos 16 de xulho de 1689, sendo de idade de 63 annos. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Shastry, Bhagamandala Seetharama (2000). Goa-Kanara Portuguese Relations, 1498-1763. Concept Publishing Company. p. 260. ISBN 9788170228486. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Vaz, J. Clement (1997). Profiles of Eminent Goans, Past and Present. Concept Publishing Company. p. 58. ISBN 9788170226192. 
  5. O padroado foi un acordo no que o papado delegou nos monarcas portugueses a organización das actividades relixiosas nos diferentes dominios destes.