Thom Yorke
Thomas Edward Yorke, nado en Wellingborough (Northamptonshire) o 7 de outubro de 1968, é un músico inglés coñecido por ser o vocalista e principal compositor das bandas de rock alternativo Radiohead e Atoms for Peace, aclamado polo seu ton vocal e o seu uso do falsetto. Como multi instrumentalista, el toca principalmente a guitarra e o piano, aínda que tamén ten tocado o sintetizador, o baixo e a batería, así como outros instrumentos, facendo tamén uso de máquinas electrónicas como os samplers e as caixas de ritmos. Nos anos 90', Thom Yorke era coñecido por ser un músico da variante rock, pero dende o ano 2000, coa publicación do álbum Kid A, mostrou a expansión da súa músca rock engadindo sons electrónicos. A demais de ser o membro principal de Radiohead, editou dous álbums en solitario: The Eraser (2006) e Tomorrow's Modern Boxes (2014). Fóra da música, Yorke é un activista político en prol dos dereitos humanos, dos movementos ecoloxistas e as causas anti-guerra.
Thom Yorke | |
---|---|
![]() Yorke no 2016. | |
Nome completo | Thomas Edward Yorke |
Data nacemento | 7 de outubro de 1968 (54 anos) |
Nado en | Wellingborough, Northamptonshire ![]() |
Cónxuxe | Rachel Owen e Dajana Roncione |
Irmáns | Andy Yorke |
Ocupación | guitarrista, cantante, compositor, cantautor, pianista e ecoloxista |
Xénero | Rock alternativo, música electrónica |
Instrumento(s) | Voz, guitarra, piano, teclado |
Relacionado con | Radiohead, Atoms for Peace, Unkle, Björk |
Tempo en activo | 1985 - actualidade |
Na rede | |
http://www.radiohead.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Yorke ten sido citado como unha das figuras máis influentes da industria musical. No ano 2002 a revista Q Magazine nomeouno o músico británico máis intenso, e no 2005, Radiohead quedou no posto 73 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores artistas de todos os tempos. Yorke tamén foi citado entre os mellores vocalistas da historia da música popular. Nunha enquisa do ano 2005, feita pola revista Blender, e a canle MTV2, Yorke foi votado o 18º mellor cantante de todos os tempos, e no 2008 foi posto no número 66 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores vocalistas de todos os tempos.